Qué son os protocolos?
- Protocolo é un documento que serve para guiarnos e axudarnos nos pasos a seguir cando un alumno/a presenta algunha dificultade no ámbito escolar; debe responder á pregunta: que facer no caso de ….?
- Un Protocolo recolle comportamentos, accións e pautas que se consideran apropiadas en determinadas situacións.
- Van dirixidos a tódalas partes que traballan xuntas para o benestar do alumnado; familias, profesionais educativos, terapeutas, sanitarios para que o alumnado poidan desenvolver o seu máximo potencial.
- Os Protocolos SON DE OBRIGADO CUMPRIMENTO.
Todas as persoas teñen puntos fortes e febles, pero todas teñen capacidades
Estes protocolos poden atoparse en diferentes espazos da web da Consellería de Educación e hai diversos, para diferentes necesidades.
Neste espazo da nosa web incluiremos estes diferentes protocolos para informar a toda a comunidade educativa do noso centro.