PROTOCOLO ABSENTISMO
Absentismo:ausencia ao centro escolar sen causa debidamente xustificada do alumnado en idade de escolarización obrigatoria. Para ser considerado absentismo, esta ausencia debe supor un mínimo do dez por cento (10 %) do horario lectivo mensual.
Protocolo de absentismo: conxunto de actuacións coordinadas que se activa cando se produce un caso de absentismo escolar, coa finalidade de garantir a asistencia do alumnado aos centros educativos.
FINALIDADES DO PROTOCOLO
- A prevención do absentismo, tratando de manter ao alumnado no sistema educativo.
- Establecer un marco conceptual claro para os centros.
- Facilitar o deber de control e comunicación da asistencia a clase do alumnado,unificando o procedementode actuación en cada un dos centros.
- Guíapara previr e abordar o absentismo para dar unha resposta flexible, eficaz, áxile coordinada con outros axentes as situaciónsplantexadas.
- Implicar as familiasna asistencia continuada
Faltas xustificables:
- Citacións que impliquen un deber inescusable, sendo xustificable o tempo necesario.
- Morte ou enfermidade grave dun familiar de primeiro ou segundo graos.
- Tramitación de documentos oficiais, presentación a exames e probas oficiais ou similares, sendo xustificable o tempo necesario.
- Indisposicións.
- Enfermidade, sendo xustificable o tempo de prescrición médica.
MEDIDAS DE CONTROL DA ASISTENCIA:
- Control diario da asistencia a clase, polo profesorado de área, materia, ámbito ou módulo.
- Segundo Normas de Organización e Funcionamento (NOF)Rexistro das faltas de asistencia a clase, polo profesorado de área, materia, ámbito ou módulo.
- Segundo NOF e en aplicación informática XADE Xustificación das faltas de asistencia a clase, ante o profesorado titor.
- Documento da familia e xustificante, de ser o caso
Rexistro das faltas de asistencia xustificadas,
- por parte do profesorado titor.En aplicación informática
- Comunicación ás familias das faltas de asistencia a clase, cando menos, dentro dos 5 primeiros días naturais do mes seguintee polo profesorado titor.
- Segundo NOF Reunión coa familia cando as faltas son significativas, por parte do profesorado titor. Anexo I e Anexo II do protocolo
EXPEDIENTE DE ABSENTISMO
- Apertura (inicio) do expediente de absentismo, por parte do profesorado titor, con comunicación á xefatura de estudos. Anexo III. Dentro dos 7 días naturais desde a superación do límitede faltas sen xustificar(10%).
- Recopilación de información sobre as actuacións desenvoltas, pola xefaturade estudos. Anexo IV.
- Reunión do profesorado titor coa familia.
- A solución supón arquivo do expediente. Anexo V(convocatoria) e Anexo VI(acta)
FASES DA LOITA CONTRA O ABSENTISMO
- Reunión da xefatura de estudos coa familia. A solución supón arquivo do expediente. Anexo VII(convocatoria) e Anexo VIII(acta)
- Rexistro de actuacións do centro escolar, por parte da xefatura de estudos. Anexo IX
- Notificación, ao concello de residencia e ao Servizo de Inspección Educativa, nun prazo máximo 30 días naturais desde o inicio do expediente(Anexo X ), xunto con:Listaxe de faltas de asistencia non xustificadas.Rexistro de actuacións. De ser o caso, con informe da xefatura de estudos sobre os motivos do non cumprimento dalgunha actuación ou dos prazo