-
Aprendizaxe significativa: Sistema de adquisición de coñecementos cercano á realidade do alumno/a, que lle permite crear unha interpretación persoal das ensinanzas, nas que integra e estructura cada un dos elementos asignándolles un determinado valor e unha función concreta.
-
Conflicto da aprendizaxe: A maneira de conseguir unha aprendizaxe sólida basease no establecemento dun conflicto entre os coñecementos previos dos alumnos e alumnas e as propostas de aprendizaxe, polo que éstas inscríbense sempre no seu entorno imnediato e cotiá, partindo del, aínda que se trate de acceder a realidades distintas da propia.
-
Principio de observación: A través da observación e descubrimento da realidade o alumno/a pode chegar a establecer as relacións axeitadas entre os coñecementos previos e os novos contidos.
-
Funcionalidade dos coñecementos: Reflectirase en dúas vertentes:
- Utilidade real na vida dos novos coñecementos.
- Base para progresar na adopción de coñecementos novos.
-
Equilibrio entre socialización e individualización: Intentando favorecer, así, a cooperación, o intercambio e a confrontación de opinións e o talante non discriminatorio a vez que a construcción individual da súa propia aprendizaxe.
-
Educación en valores que na práctica aparecen ligados a distintos temas de interese ético e social que son o centro dos temas transversais do currículo. Polo tanto plantexamonos o ensino dos valores a través dos distintos temas transversais que son o eixo ó redor do que se articulan todas as programacións de aula.