EDUCACIÓN PARA O TEMPO LIBRE E O LECER

Como actividade principal en relación con este tema celebramos as  "XORNADAS PARA O LECER" co lema "o tempo de ocio compartido é máis divertido":

Sentímonos moi satisfeitos da implicación de toda a comunidade escolar, que se acrecenta ano tras ano. Todos os ciclos participan activamente nos distintos proxectos de centro e as familias colaboran cando son requeridas. Esto propicia que cada vez se vaian  deseñando as  actividades cada vez máis cohesionadas entre sí.

OBXECTIVOS:

A través deste eixo transversal pretendemos :

  • Ensinar ós alumnos e ás alumnas as a a utilizar personal e socialmente o tempo de lecer de forma creativa e non alienante atendendo a conseguir mellores niveis de benestar social.

  • Promover o descubremento e valoración, por parte do alumnado, de distintas alternativas saudables e enriquecedoras para ocupar o seu tempo de ocio.

  • Potenciar a actividade lúdica para que os alumnos e as alumnas incorporen actitudes e desenvolvan destrezas e capacidades que favorezan os seus procesos de aprendizaxe e determinen as súas propias afeccións.

  • Potenciar todas as posibilidades de descubrir e experientar co corpo como medio de relación, expresión, comunicación e creación persoal posto que supón incidir de cheo nunha conformación integral da personalidade e polo tanto da conducta espontánea, libre e creativa.

  • Proporcionarlles os alumnos e alumnas os instrumentos de análise e de crítica necesarios que permitan a formación dunha opinión e unha actitude propias fronte as distintas posibilidades de ocio que lles pode ofrecer a sociedade de consumo.

Así, máis concretamente, traballamos para:

  • Formar persoas que adopten un concepto activo e positivo do ocio que favoreza o seu desenvolvemento persoal e a súa creatividade.

  • Fomentar o cultivo de valores e hábitos positivos nos nenos e nenas, a través da súa participación individual e/ou grupal en diferentes actividades.

  • Fomentar valores como a amizade, participación, tolerancia, colaboración, espírito crítico...

  • Apreciar e valorar a recuperación de xogos populares e tradicionais e a súa práctica como desencadeante da actividade lúdica e como recurso para a realización das máis diversas actividades.

  • Promover a participar en xogos e deportes de conxunto observando as regras de xogo acordadas previamente e aceptando o triunfo e maila derrota como feitos normais da sana competencia.

  • Apreciar a actividade motriz para ocupar o tempo libre para relacionarse cos demais, pasalo ben, coñecerse mellor e atoparse ben consigo mesmo e cos outros superando individualizacións e diferencias.

  • Valorar as actividades de lecer (teatro, cine, música, xogos, deporte, afección...) como forma de gozo de relación cos demais e de emprego do tempo libre.

  • Valorar a lectura como fonte de pracer, diversión e aventura, atopando nela unha canle de formación, información e ampliación de experiencias.

  • Explorar as posibilidades expresivas, tanto a nivel oral como na escrita, cultivando a creatividade e a fantasía propias de cada estadio evolutivo a través das actividades lúdicas que desenvolvan a súa personalidade estética.

  • Coñecer as linguaxes e soportes dos diferentes medios de comunicación, empregando de xeito eminentemente práctico, textos periodísticos, prensa, publicidade, televisión e historias gráficas.

ACTUACIÓNS:

Entre as numerosas posibilidades formativas de actividades para realizar no tempo libre traballamos as seguintes:

LECTURA:

  • Recibimos a visita dos animadores culturais KALANDRAKA e EVEREST, que representaron distintos contos para os nenos e nenas.

  • Asistimos a conferencias a cargo dos escritores Antonio García Teixeiro e Silvestre Gómez Xurxo e do ilustrador Rafael Salmerón.

  • Traballamos nun taller de Animación á Lectura, no que dun xeito lúdico intentamos conseguir que os nenos e as nenas valoren a lectura como fonte de pracer, diversión e aventura

  • A mesma finalidade procuramos co Proxecto de Lectura Eficaz.

  • Realizamos actividades coa maleta viaxeira "Central letrera".

  • Participamos no Plan de fomento da lectura en centros escolares promovido pola Consellería nas modalidades de "viaxe polo mundo dos libros" e "pasaporte de lectura "

  • Tódolos alumnos do centro participamos tamén no concurso convocado por Normalización Lingüística "Entre nós ,en galego" en certame de recitado de poemas e narración oral de contos.

EXPRESIÓN ESCRITA:

  • Participamos no certame de poesía de Tui e no de relatos curtos do Pedro Caselles.

VIAXES:

  • Á Área Panorámica de Tui para asistir a unha conferencia e exposición sobre " Os muíños e o burro fariñeiro "

  • Visita ó estadio de Balaídos e ós xogadores do Celta.

  • Viaxe en tren dende Vigo a Pontevedra e viceversa, disfrutando na estación de Pontevedra dunha sesión de animación a lectura.

  • Paseo en barco polo río Miño.

  • Viaxe ó planetario de Oporto e o zoolóxico de Maia.

  • Viaxe a Illa de Ons .

  • Visita os castros do monte Tegra , esteiro do Miño e os muíños do Folón.

  • Viaxe o acquarium do Grove e visita a Combarro.

MANUALIDADES:

  • Dende o mércores 14 ata o venres 23 de maio celebramos as VI xornadas culturais , nas que houbo demostracións dos distintos oficios artesáns (bordado, velas, coiro),

  • No taller de plástica os nenos e nenas experimentaron con distintas técnicas plásticas co obxectivo de disfrutar desta actividade fundamental para o desenvolvemento da capacidade creadora do alumnado e para os procesos de socialización.

CINE:

A través do taller de cine intentamos fomentar o seu interese por ver películas e así organizamos a "Semana de cine en galego"  para  visionar películas como : "Pipi Calzaslongas "  e   "A sebe das moreiras ".

TEATRO:

  • Participación no apartado de dramatización de "Entre nós, en galego".

  • Acudimos o Centro Cultural de Caixanova en Vigo en varias ocasións para disfrutar das seguintes representacións teatrais : "A princesa e a pardela ", "Alí ,su abuela y la alfombra que vuela ". "Cuentos del cielo "

  • Fomos actores e actrices representando: "A regueifa das flores", "A princesa que non sabía espirrar " , "Chirlo Merlo e os seus amigos", "Grandullón, o xigante abusón" ,etc.

XOGOS:

  • Xornada de xogos en Indiana Bill.

  • Na Xornada de xogos populares ,de tanto éxito no noso colexio, os nenos e nenas recordaron tódolos xogos, e incluso coñeceron algún novo , ós que poden xogar no seu tempo de lecer en contacto cos amigos e amigas. Coa celebración desta xornada intentamos concienciar os nenos e nenas da importancia dos xogos colectivos para o desenvolvemento da súa personalidade, para establecer relacións cos demais e para ocupar de xeito formativo o seu tempo libre.

  • A través do  xogo  cooperativo, "Xuntos é máis divertido" descubrimos diferentes alternativas de ocio : teatro, música, pintura, radio, cine, lectura, natureza, manualidades ... que plasmamos  en distintos traballos plásticos cos que construimos  un gran mural, "Adicamos o tempo libre a ...", que amosaba  tamén  as conclusións gráficas do traballo realizado sobre as preferencias dos nosos alumnos/as  na ocupación do seu tempo de lecer.

  • No taller de xogos cooperativos intentamos recuperar xogos para que eles ocupen o seu tempo de ocio compartíndoos cos seus amigos (aprendendo as regras, xogando en equipo, aprendendo a saber perder. 

FESTAS:

  • No Nadal démoslle un  enfoque artístico e lúdico á montaxe do Belén, no que  colaboraron  as familias aportando figuras que representaban personaxes de contos, de debuxos animados, realizando  distintas actividades de ocio: cine, teatro, afeccións ., intentando recrear  un mundo de fantasía co afán de fomentar distintas afeccións: lectura, xogos, deportes... 
  • No entroido os disfraces elixidos así como o lema da pancarta é unha das actividades máis significativa do tema transversal traballado e que mellor evoca posteriormente nos nenos e nenas o recordo en relación con estes contidos. Polo tanto, neste curso,os disfraces, confeccionados de xeito artesanal nas aulas, representaban xogos de mesa : parchís, baralla de póker, afundir a flota,  xadrez,  baralla española, e dominó.
  • Participamos no programa de radio escolar " Ponte Nas... Ondas". Todo o centro participou no concurso de debuxo "Unha escola no fondo do mar" convocado polo CEIP Humberto Juanes no que obtivemos premios en tódolos niveis e difundimos, animamos a participar e participamos no de "Mobilízate polo mar".
  • No taller de cociña nenos e nenas disfrutaron "metendo as mans na masa" para facer e comer pratos sans , ricos e sobre todo divertidos, presentando así outra opción para o seu tempo libre.
  • XORNADAS CULTURAIS.- Durante as xornadas deste ano as actividades foron seleccionadas tendo en base a súa contribución ó logro dos obxectivos propostos. Así:
    • Confeccionouse un marcapáxinas no que, ademais da actividade plástica, incluíuse unha poesía, seleccionada por cada un dos nenos e nenas, de autores homenaxeados ata o de agora no Día das Letras Galegas.
    • Na biblioteca do centro, tivo lugar a exposición de cadros feitos no taller de pintura.
    • Os obradoiros  contratados fixeron alusión a distintos oficios que amosan actividades  as que pode adicarse ó tempo libre: bordadora, elaboración das velas de forma tradicional e traballora do coiro confeccionando pulseiras, colgantes e chaveiros.

MÚSICA:

  • Participación no certame musical de "Entre nós, en galego".
  • Acudimos a Caixanova para escoitar algún concerto musical.
  • Dramatización plástica e corporal: -"A primavera de Vivaldi ".

PRENSA:

No taller de Prensa como reporteiros/as, redactores/as, maquetadores/as... os nenos e nenas do primeiro e segundo ciclos encargáronse de recoller para a nosa revista moitas das actividades realizadas no colexio relacionadas co lecer e o tempo libre .

 Durante a celebracións das xornadas culturais publicouse a sexta edición da nosa revista escolar co título "O tempo de ocio compartido é máis divertido" a través da que amosamos unha morea de actividades nas que participamos e que constitúen múltiples e variadas alternativas para empregar de xeito positivo e enriquecedor o noso tempo de ocio, incluíndo seccións de reportaxes, xogos, lecturas, deportes, manualidades, teatro, cine, cociña, pintura, debuxo, pasatempos,obradoiros, música, festas, viaxes, radio...

DEPORTE: 

  • Participamos en deporte escolar.
  • Alumnos do Colexio deron unha conferencia titulada: "Os deportes e Os xogos Olímpicos" . Cun soporte gráfico ilustrado contaron ós outros nenos o que aprenderan sobre este proxecto .

Powered by Drupal - Design by artinet