try another color:
try another fontsize: 60% 70% 80% 90%
CEIP de Rebordáns
Educación para o futuro, presente no rural de hoxe.

visitas

Muller e Nena na Ciencia

"Acercàndonos aos misterios do mar ", título da charla impartida por tres investigadoras do Instituto  Oceanográfico de Vigo  ao alumnado de 5º e 6º de Primaria.

Con esta actividade celebramos o Día Internacional da Muller e Nena na Ciencia,axudando a dar visibilidade ao traballo das científicas , creando roles femininos no ámbito da ciencia e promovendo prácticas que favorezan a igualdade de xénero no ámbito científico.

    

                       María , Eva e Inma explicando o seu traballo como investigadoras .

   

 

Visita a Vigo- Zoo

O pasado venres, 27 de marzo, o alumnado de Infantil , 1º, 2º , 3º e 4º de Primaria se desprazou ata Vigo para realizar unha visita guiada ao Zoo desta cidade.

Os alumnos e alumnas disfrutaron ao  observar unha gran variedade de animais dos diferentes continentes.

                                     Dous momentos da xornada.

 

Visita Acuario Finisterrae e Domus

O  martes , 3 de febreiro, o alumnado de 5º e 6º desprazouse ata A Coruña para visitar o Acuario e a Domus. Ao chegar o Acuario, o primeiro que fixeron foi observar as focas . No Nautilus o máis impresionante foi o tiburón Gastón.

E despois do almorzo , un interesante percorrido por todos os módulos interactivos da Casa do Home.


                                            Os  coidadores alimentan ás focas.

                                                      Os alumnos e alumnas de 5º no módulo dos Homínidos.

Resultou unha visita moi interesante !!

                         

Visita adega TERRAS GAUDA

O xoves, 23 de outubro, o alumnado de 5º e 6º visitou no Rosal a adega  Terras Gauda.

  

                           Parada na fortaleza de Goián(século XVII)

   

O alumnado atende as explicacións sobre o departamento de I+D+I da adega.

Distribuir contido