O venres, 27 de outubro, unha voluntaria da Cruz Vermella impartiu un obradoiro de primeiros auxilios no centro. O alumnado de 5º e 6º de EP aprendeu a previr accidentes, identificando os perigos que pode haber dentro e fóra da casa, como actuar ante unha emerxencia: protexer, avisar e socorrer.
Durante a sesión, practicaron algunhas actuacións básicas de primeiros auxilios: atragantamentos, queimaduras e reanimación cardiopulmonar.

O alumnado de 5º no obradoiro de primeiros auxilios.