try another color:
try another fontsize: 60% 70% 80% 90%
CEIP de Rebordáns
Centro Abalar

Caderno Bitácora 19-20

Día do Medio ambiente

Bo día familias, dende 1974 cada 5 de xuño celébrase o día do medio ambiente ca finalidade de aumentar a conciencia medioambiental e fomentar a acción global na protección do medio ambiente. Este ano, dentro do proxecto de Voz Natura, estivemos traballando moito acerca da protección e o coidado do noso planeta. Para a súa conmemoración, contamos ca colaboración da nosa xentiña, a cal nos conta algunha desas accións que levan a cabo diariamente para favorecer ao noso planeta. Moitas grazas a todos e a todas, e recordade: "moitos pouco, fan un moito"

Día do medio ambiente

Día Mundial do Medio Ambiente

Celébrase o día 5 de xuño, e este ano está adicado a biodiversidade.

Neste curso, dentro do proxecto de Voz Natura  “Un mundo sen plásticos”, todo o centro estivemos traballando no coidado e protección da Terra. Polo cal vos retamos a que nos enviedes un audio contando o que facedes vós e a vosa familia para coidar o planeta, sexa na casa, cando saídes ao monte, a praia, ao río... 

Quen se anima??? Enviádeo a ceiprebordanstui@gmail.com

Porque pequenas accións poden cambiar o mundo e como xa sabemos todos...

“MOITOS POUCOS, FAN UN MOITO”

Letras galegas 2020

Neste día tan significativo para a literatura galega, así como para a nosa lingua, deixámosvos este poema que comparte a profe Elisa con nós. 

"Deitado frente ao mar" - Longa noite de pedra (Celso Emilio Ferreiro)

 

Feliz día das letras galegas!

Feliz día do traballador

Este ano, por mor da situación que estamos a vivir, conmemoramos o día do traballador dun xeito moi doce. Con bicos para todos e todas.

 
Grazas pola vosa colaboración.
Xuntos estámolo a conseguir, xa queda menos.
 

Bicos

Isto vai de bicos dixitais, envía a foto dun bico para facer un vídeo moi doce e así conmemorar o día do traballador.

 

Día de homenaxes

A de cousas que nos pasaron o venres no cole!!

Fixemos unha homenaxe a Rosalía de Castro, pois o pasado 24 de febreiro celebrouse o seu aniversario. Entre todos recitamos unha das súas obras.

Ademáis Tepo tiña unha gran nova, co gallo do día da muller, sorprendeunos ca presentación da súa irmá: Tepa!

E, finalmente, os diferentes cursos deron a coñecer as mulleres que van investigar no club de letras.

Foi un día cargado de novas!

Co motivo da conmemoración do 8 de marzo facilitámosvos o enlace á declaración institucional da Xunta de Galicia: Día Internacional da Muller.

"Chanzo a chanzo ata a igualdade"

Visita de Gloria Sánchez

O outro día recibimos a visita da escritora Gloria Sánchez, autora de “A vaca dixo mua”. Gloria Sánchez contounos cousas moi interesantes : como era a súa escola cando ela era pequena, por que se fixo escritora ou como naceu o libro “A vaca dixo mua”. Estivo moi amable e ata firmou os nosos exemplares desta historia.

Grazas Gloria por compartir un anaco do teu tempo connosco!!!

 

Visita dos compoñentes da Banda de Música Municipal de Tui

Non puidemos comezar mellor a semana: Varios compoñentes da Banda Municipal de Tui viñeron visitarnos o luns, día 10 de febreiro. Fixeron varios pases, adaptados ás idades do alumnado e... foi toda unha festa! Presentaron instrumentos coma a trompeta, o trombón, a batería... e incluso Maia de 2º E.P. tocou unha pequena peza coa frauta travesa!
Interpretaron música de diferentes estilos e tamén fixemos unha pequena coreografía.

Grazas pola vosa música!

Podedes ver as fotos facendo click!

Visita ao centro "San Xerome"

O luns 10 de febrero tivemos unha saída para coñecer o "PROXECTO XEROME".

O alumnado de 6º de E Infantil e 1º de E Primaria, xunto co alumnado do centro San Xerome, participamos en tres obradoiros preparados por eles de: cociña, arte e sala multisensorialNestes obradoiros puxemos a funcionar todos os nosos sentidos xogando coa escuma, as luces de cores, a pintura, as texturas e incluso fixemos a nosa primeira pizza!

collage

Foi unha experiencia moi enriquecedora e divertida para todos/as nós.

GRAZAS XEROME polo voso traballo, ofertando experiencias tan diversas e chulas como as que estades a facer!!

Foto grupo

 

Aloiada 2017

 

Sorry, flash is not available.

Distribuir contido