try another color:
try another fontsize: 60% 70% 80% 90%
CEIP de Rebordáns
Educación para o futuro, presente no rural de hoxe.

Aprendemos cos gardas forestais

O venres, 29 de marzo, os nenos e nenas de 3º, 4º e 5º de primaria pasamos unha mañá cos gardas forestais do Baixo Miño, no alto do Coello, na ladeira do Monte Aloia, en Randufe. Os gardas ensináronnos moitas cousas sobre os montes: os recursos que obtemos deles, que son os petroglifos, a sentir o monte, como apagar os incendios e como recoñecer os niños dalgúns paxaros.

Pasámolo moi ben, aprendendo e desfrutando do monte!!

Alumnado de 4º EP

FRIDAYS FOR FUTURE

Fridays for Future é un movemento que comezou o 20 de agosto de 2018 cando Greta Thunberg, rapaza sueca que por aquela tiña 15 anos, sentouse frente ao parlamento sueco e decidiu non asistir á escola os venres ata as eleccións xerais de Suecia de 2018, realizadas o 9 de setembro, trala onda de calor e os incendios forestais sufridos en Suecia. Despois desta data, Greta decidiu continuar atacando todos os venre ata que as políticas suecas proporcionaran un camiño seguro por debaixo de 2 grados centígrados.

Ampliar información na páxinahttp://educandoenmedioambiente.blogspot.com/2019/02/fridays-for-future-de-que-sirve-ir-la.html

DÍA INTERNACIONAL DA MULLER

8 de MARZO, DÍA DA MULLER TRABALLADORA

Para celebrar o DÍA DA MULLER TRABALLADORA, confeccionamos un cartel coas fotografías das aboas e das nais do alumnado do centro e coa mensaxe " NÓS QUEREMOS QUE OS NOSOS FILLOS E AS NOSAS FILLAS MEDREN EN IGUALDADE".

Día de Rosalía de Castro

  

Murais de Rosalía de Castro, realizados por todo o alumnado e inspirados no pintor coruñés Peteiro.

 

Esta semana ecoitamos a...

Celebramos o DÍA DA PAZ

Mensaxes de paz

Pulseiras con mensaxes de paz.

30 de xaneiro, DÍA DA PAZ

Mural realizado polo alumnado de infantil, 1º e 2º de primaria, para celebrar o DÏA DA PAZ.

Distribuir contido