try another color:
try another fontsize: 60% 70% 80% 90%
CEIP de Rebordáns
Centro Abalar

REFRÁNS DE OUTONO

     Os nenos e nenas do 2º ciclo realizaron unha compilación de refráns de outono coa colaboración das súas familias. Aquí vos amosamos o seu traballo.

 
A cada porquiño lle chega o seu San Martiño.

Polo San Uxío as castañas ao lume, a leña no fogar e as ovellas a gardar.



A lúa de outubro sete días cobre e chove só nove.
Polo San Martiño tápase o viño.
 
Entre Santos e Nadal ou ben chover ou ben nevar.
 Con castañas asadas e sardiñas salgadas  non hai ruin viño.


Se en setembro comeza a chover, outono seguro é.
A castaña que está no camiño é do veciño.


Polo San Martiño hai castañas e viño.
A horta de outono mantén ao seu dono.

 
Fíate das castañas asadas que se estoupan sairanche á cara.
Despois de San Martiño o inverno vén de camiño.


Castañas, noces e viño fan as delicias do San Martiño.
O que non sabe mañas non come castañas.


Outono chegar, porco cebar.
En outubro non molesta o lume.


Polo San Martiño mata o porco e proba o teu viño.
Moito ten que saber para cogumelos coller.


Por Santos aínda hai campos verdes e xa hai montes brancos.
Polo San Andrés, frío nos pés.


 En outono bota as patacas e garda cedo as vacas.
 Polo San Martiño trompos ao camiño e polo San Amaro trompos ao faiado.
   
 Outono chuvioso, ano copioso.
 As castañas que despois de San Martiño quedan no souto, son do moucho.
   Planta en outono e terás para o ano todo.