try another color:
try another fontsize: 60% 70% 80% 90%
CEIP de Rebordáns
Centro Abalar

Día Escolar da Non Violencia e a Paz

Desde 1964, para conmemorar a morte do líder nacional e espiritual da India, o Mahatma Gandhi, o 30 de xaneiro celebramos o Día Escolar da Non Violencia e a Paz.

Gandhi naceu en Porbandar, India, en 1869, e tras graduarse en Inglaterra, instalouse en África do sur e loitou alí contra a discriminación de que eran obxecto os indios. Ao volver á India organizou a resistencia non violenta contra o colonialismo e a non cooperación coa administración inglesa.

Tentou frear os choques entre hindús e musulmáns e foi encarcerado en numerosas ocasións. O 30 de Xaneiro de 1948, foi asasinado a tiros por un fanático hinduista.