try another color:
try another fontsize: 60% 70% 80% 90%
CEIP de Rebordáns
Educación para o futuro, presente no rural de hoxe.

Mares de plástico

A utilización masiva de plásticos provocará en 2050 que haxa máis lixo que peixes nos océanos. O sistema actual de produción, utilización e abandono dos plásticos ten efectos negativos importantes: entre 80.000 e 120.000 millóns de dólares se perden cada ano en forma de envoltorios plásticos que non son reutilizados. E ademais do que gastamos en plástico, si non se fai nada, os océanos conterán máis plástico que peixes (no 2050).

Segundo o informe de O Foro de Davos, a ratio entre toneladas de plástico e toneladas de peixes era de un a cinco no 2014, será de un por tres no 2025 e excederá o un por un no 2050 polo que será necesario crear mellores sistemas de reciclaxe e reutilización.

 

                                                                               Foto:Khuram Parvez Reuters.

                                                                                             Plásticos nunha canle de Peshavar(Pekín)