try another color:
try another fontsize: 60% 70% 80% 90%
CEIP de Rebordáns
Centro Abalar

En Kayak polo Miño

O alumnado de 5º e  6º de EP desprazouse ata o Club Kayak Tudense, para realizar unha xornada de piragüismo.

Ao chegar ás instalacións, os propios deportistas do club explicáronlles  en que consiste esta actividade. A continuación, os alumnos e alumnas montaron nos Kayaks e fundiron as palas na auga do Miño.

Foi unha actividade moi divertida que, coma sempre que se está a pasar ben, se fixo moi curta.

Ninguén quería regresar ao colexio.