Skip to Content

SEMANA DO SAMAÍN

  Do día 27 ao 31 de outubro celebramos a Semana do Samaín, en colaboración co Equipo de Normalización Lingüística e  de Radio, realizando as seguintes actividades:

  • Audición da "Danza Macabra" de Saint Saëns nas entradas e saídas.
  • Exposición de libros terroríficos baixo o título: "Bruxas,monstros,pantasmas...na Biblioteca".
  • Ornamentación e exposición de cabazas realizadas en colaboración coas familias.
  • Elaboración de relatos de medo.
  • Creación de personaxes monstrosos coa súa descrición.
  • Proxección dos curtos de Disney titulados: "Danza macabra", "La casa encantada" e "El club de los villanos".
  •  Dramatización do conto "A bruxa enrabechada".
  • Por último, entrega dos premios ás cabazas máis votadas polo alumnado así como diplomas a todos os participantes. 

      Se queredes mergullarvos neste mundo de conxuros, feitizos, magos, vampiros, monstros e demais personaxes terroríficos, no apartado de "Recomendámosche" tedes unha relación de libros clasificados por ciclos, que vos fará disfrutar de medo.

 

Nenos e nenas de 4º e 6º dramatizando "A BRUXA ENRABECHADA"

  Alumnado e profesorado na proxección dos curtos de "DISNEY"

 

 
 
 
 
Personaxes terroríficos e a súa descrición.
  
 
 
Mostra de cabazas realizadas polas familias de Infantil e 1º Ciclo.
 
   
Entrada da nosa biblioteca. 
  
 
 
 Cartel realizado polo alumnado de 4º de Primaria.
 
 
 


page | by Dr. Radut