try another color:
try another fontsize: 60% 70% 80% 90%
CEIP de Rebordáns
Centro Abalar

NOVO TELÉFONO DE CONTACTO

TELÉFONOS DO CENTRO:

886 110 817

886 110 815

698 120 381 (NOVO NÚMERO)

A ANPA PROPORCIONARÁ MÁSCARAS AO ALUMNADO

A ANPA "O mencer" proporcionará a todo o alumnado  un estoxo gardamáscaras e máscaras suficientes para o curso escolar 2020-2021.

LER COMUNICADO AQUÍ

POR FIN XUNTOS! COMEZAMOS O CURSO 2020-2021!

Dámosvos a benvida neste atípico curso que comeza con moitos cambios e novas normas para minimizar riscos e ter controlada a situación dentro do recinto escolar.

Un dos obxectivos principais no noso labor é axudar ao alumnado a tomar conciencia da responsabilidade individual e grupal que debemos ter todos/as nesta circunstancia. Sabemos que contamos coa colaboración da Comunidade Educativa, e queremos agradecer de antemán ás familias o cumprimento estrito das normas, que son a base para unha convivencia con responsabilidade.

Non dubidedes en preguntarnos calquera cuestión que vos inquiete, o Claustro somos coñecedores da intranquilidade que supón separarvos dos vosos fillos/as, e estamos á vosa disposición para proporcionarvos toda a información que precisedes. A seguridade dentro do colexio é unha prioridade para nós.

MOITO ÁNIMO E MOITA SAÚDE!

 

 

 

PLAN DE ADAPTACIÓN Á SITUACIÓN COVID 19 NO CURSO 2020-2021

Para acceder ao "PLAN DE ADAPTACIÓN"  PREMA AQUÍ.

Para acceder ao "PROGRAMA DE ACOLLIDA" PREMA AQUÍ.

Para acceder ao "PLAN DE CONTINXENCIA" PREMA AQUÍ.

 

DATAS DAS REUNIÓNS DE INICIO DE CURSO

DATA

HORA E GRUPO

 LUNS, 7 SETEMBRO

13:30--- 5º ED. INFANTIL

MARTES, 8 SETEMBRO

11:30--- 5º E 6º  ED. PRIMARIA

12:15--- 1º E 2º ED. PRIMARIA

13:15 ---6º ED. INFATIL

16:00--- 3º ED. PRIMARIA

17:00--- 4º ED. PRIMARIA

 *IMPORTANTE: - Como norma xeral soamente poderá asistir un adulto por alumno/a.

                        - Os adultos non deberán vir acompañados do alumnado.

ORGANIZACIÓN DE ENTRADAS E SAÍDAS ESCALONADAS

Para acceder ao documento prema AQUÍ ou no documento adxunto.

 

INICIO DAS CLASES. CURSO 2020-2021

          Neste curso, e segundo as Instrucións do 1 de setembro, o

alumnado incorporarase ás clases nos seguintes días:

 

 

Xoves, día 10

Incorporarase o alumnado de:

4º e 5º  de Educación Infantil

1º, 2º e 3º de Educación Primaria

 

Venres, día 11

Incorporarase o alumnado de:

6º e Educación Infantil

4º, 5º e 6º de Educación Primaria

 

 

RECOLLIDA DOS VALES DA AXUDA PARA A ADQUISICIÓN DE LIBROS DE TEXTO E MATERIAL ESCOLAR PARA O CURSO 2020/2021

Prezadas familias:

As listaxes de admitidos e excluídos están á súa disposición no taboleiro da entrada do centro.

Poden recoller os vales no colexio os días 9 e 10 de xullo, en horario de 9:15 a 14:15.

Para calquera dúbida, atenderemos no teléfono do centro.

Un saúdo.

 

Bo verán xentiña!

E a pesares de ser un curso extraño, non podemos pechar o cole sen despedirnos da nosa xentiña.

Desfrutade das vacacións e do verán.

 

Distribuir contido