Skip to Content

Iniciar sesión

contido

GAÑADORES AUTONÓMICOS DO CONCURSO "FAINO VERDE" DE LEROY MERLÍN !!

 Esta semana temos unha boa nova para o noso cole!

 Somos os gañadores da nosa comunidade autónoma do concurso “FAINO VERDE”!!!

 Este concurso, organizado por LEROY MERLÍN, consistía en presentar un traballo de Plástica que fomentara a redución do uso de plásticos para coidar o noso planeta.

 Presentamos catro traballos (3º, 4º, 5º e 6º de Ed.Primaria), sendo premiado na Categoría A o que presentaron os nenos e nenas de 3º E.P. a partires do lema e a pancarta que fixeron os nenos e nenas de 3º e 4º de Ed. Primaria para o proxecto de centro deste ano.

 Representaremos a Galicia na fase estatal!  Bravo!!!

 Estes son os traballiños presentados:

 

 TRABALLO PREMIADO

 

PODES IR Á PÁXINA DO CONCURSO SE PREMES NO ENLACE

https://www.hazloverde.es/ganadores-concurso-escolar/?t=finalistas&c=5

 

Visita dos compoñentes da Banda de Música Municipal de Tui

Non puidemos comezar mellor a semana: Varios compoñentes da Banda Municipal de Tui viñeron visitarnos o luns, día 10 de febreiro. Fixeron varios pases, adaptados ás idades do alumnado e... foi toda unha festa! Presentaron instrumentos coma a trompeta, o trombón, a batería... e incluso Maia de 2º E.P. tocou unha pequena peza coa frauta travesa!
Interpretaron música de diferentes estilos e tamén fixemos unha pequena coreografía.

Grazas pola vosa música!

Podedes ver as fotos facendo click!

FELICITACIÓN NADAL 2019

      

Programa 13 - 2018/19 ---------- 12 ABR 2019

Este é o programa realizado o 12 de abril de 2019.

Participaron alumnos e alumnas de 3º E.P., 5º E.P. e 6º E.P.

Imos presentalo ao I CONCURSO DE PODCAST - RADIO NA BIBLIO organizado por Bibliotecas Escolares de Galicia. Estamos nerviosos e ilusionados pero temos claro que, pase o que pase, é estupendo facer Radio. Bravo rapaces!

 

 

 
 
 
 

MEGAFONÍA Semana 1 abril 2019

Esta semana escoitamos "Éste es el momento" interpretada por Coque Maya.

A disfrutar!

Programa 12- 2018/19 ---------- 1 ABR 2019

Este é o programa realizado o 1 de abril de 2019.

Participaron alumnos e alumnas de 6º E.I., 2º E.P., 4º E.P. e 6º E.P.

MEGAFONÍA Semana 25 marzo 2019

Esta semana escoitamos "Supercalifragilísticoespialidoso" dos irmáns Sherman.

A disfrutar!

MEGAFONÍA Semana 18 marzo 2019

 

 

Esta semana escoitamos el Nocturno op.9 Nº2 de F. Chopin.

 

A disfrutar!

Programa 11- 2018/19 ---------- 15 MAR 2019

Este é o programa realizado o 15 de marzo de 2019.

Participaron alumnos e alumnas de 5º E.I., 1º E.P., 3º E.P. e 5º E.P.

MEGAFONÍA Semana 18 febreiro 2019

Esta semana escoitamos "Vamos bebendo" con letra de Rosalía de Castro e interpretada por Amancio Prada.

A disfrutar!

Distribuir contido


by Dr. Radut