Aquí atoparedes todas as actividades e recomendacións para o alumnado de 6º de Educación infantil. 

Subiranse recursos, tarefas, enlaces,etc. para axudar en casa nestes momentos tan complicados.

Aquí atoparedes todas as actividades e recomendacións para o alumnado de 6º de Educación infantil. 

 Bo día familias, ante esta situación e durante o tempo que a escola este pechada, subiremos actividades dende a aula virtual. Como xa falamos anteriormente, non é a nosa pretensión que o alumnado faga xornadas de 5 horas diarias como na escola. Nada do que propoñamos podería substituír ás aprendizaxes que alí se dan. A idea e que poidades incluír actividades cada día dentro da vosa rutina diaria, non hai que facer todo o que propoñamos, senón as que se adapten aos recursos que tedes na casa e a vosa organización familiar; aínda que recomendamos que creedes unha rutina diaria para que os nenos e nenas sigan un hábito e se sentan útiles en casa.

Recordo aquí as recomendacións de actividades enviadas polo abalar, aínda que iremos ofrecendo máis ao longo deste período tan excepcional dentro da aula virtual:

-      Ler contos e escribir un resumo.

-      Facer un diario dos días de casa.

-      Crear contos, cómics, cartas a familiares.

-      Xogos de mesa en familia

-      Quebracabezas

-       Se tedes horta participar no seu coidado e plantar sementes.

-       Ver documentais.

-      Buscar información de algún interese que teña a crianza creando un portafolio co feito.

-      Actividades artísticas: pintar, collage, puntillismo, mandalas, manualidades...

-       Axudar en casa: por a mesa, dobrar a roupa, emparellar calcetíns... son boa axuda para a lóxica matemática.

-       Xogos de rimas, palabra encadeada, vexo vexo...

-       Actividades de lecto-escritura: escribir palabras coa letra “”, recortar obxectos de folletos e escribir o seu nome.

E ante todo, mestras e familias debemos colaborar e coordinarnos para que estes días pasen rápido e poidamos recuperar a nosa vida diaria. Pronto nos veremos na escola!!!!