Ola familias,

En primeiro lugar mandarvos moito ánimo a vós e aos nenos e nenas nestes momentos de incertidumbre pero seguro que todo sairá ben. Aínda que o outro día xa mandei algunhas recomendacións para este período, todo aconteceu moi rápido polo que agora volvo a enviar unhas recomendacións mais específicas de actividades que podedes ter en conta nestes días.

Recomendacións para traballar coa caixa de lóxica-matemática:

-      Agrupar formas xeométricas por clases ou tamaños.

-      Facer series lóxicas coas formas xeométricas ou coas figuras.  

-      Formar grupos de elementos atendendo a unha cantidade dada.

-      Ordenar as regretas.

-      Ensartar os cordóns nas plantillas.

-      Escribir os números coas plantillas.

Outras recomendacións:

-      Contar e escribir os números.

-      Debuxar formas xeométricas de diferentes tipos (círculo, cadrado, rectángulo e triángulo)  e tamaños, por exemplo, un círculo grande e un pequeno.

-      Facer series con tapóns, con pinzas da roupa de diferentes cores, botóns, etc.

-      Contar elementos, por exemplo, boliñas de papel, lentellas, garavanzos, etc.

-      Escribir os nome, letras ou palabras (as vogais poden ser en minúscula).

-      Ler con eles un conto e que fagan un debuxo, falar do que pasou no conto, que pasou primeiro, despois… Falar de como eran os personaxes, onde sucedeu…

-      Identificar letras nun conto.

-      Contar as palmadas dunha palabra.

-      Facer un debuxo do que fixeron no día.

-      Realizar un debuxo do corpo humano.

-      Facer algunha manualidade con plastilina ou collage con material de refugallo.

-      Actividades libres de recortado.

-      Falar ou investigar con eles do Polo Norte.

-      Sen olvidar os xogos de mesa nestas idades (oca, parchÍs, cartas…).

Se nalgún momento o necesitades enviádeme un correo a almudenablanco@edu.xunta.es ou unha mensaxe a través do Abalar.

Moitas grazas pola vosa colaboración, un saúdo.

Almudena