Skip to Content

REBORRADIO 

 

historico biblioteca

Semana das Letras

Manuel María segundo os escolares galegos


Manuel María segundo os escolares galegos é o resultado dun traballo colaborativo dos 11 centros educativos que participan no Tui Le.

Troncho, Poncho y las matemáticas

        

Save the ecosystems

Sorry, flash is not available.

Día Meteorolóxico Mundial

O Día Meteorolóxico Mundial conmemora a entrada en vigor, o 23 de marzo de 1950, do convenio polo que se creou a Organización Meteorolóxica Mundial. Un ano despois da súa creación, sería nomeada organismo especializado das Nacións Unidas co obxectivo de asegurar a cooperación en materia meteorolóxica.

A variabilidade do clima está a provocar, cada vez máis, fenómenos extremos que acaban con miles de vidas en diversas rexións do planeta. Por exemplo, entre 1956 e 2005, o número de desastres de orixe meteorolóxica, climática e hidrolóxica  multiplicouse por dez.

Día Mundial da auga

En 1993 a ONU designou o 22 de marzo como " Día Mundial da auga".

A auga é un elemento esencial no desenvolvemento sostible. Os servizos hídricos xogan un papel clave na redución da pobreza. A auga ten un impacto positivo en miles de milleiros de persoas ao incidir en cuestións que afectan á seguridade alimentaria e enerxética, saúde e medio ambiente .

                                                                       Vídeo oficial " Día Mundial da auga "

 

 

Solarigrafías

Este ano estamos fotografiando ao sol dende o colexio, estamos facendo “ Solarigrafías”.

Son fotografías de longa exposición, que rexistra a pegada do sol no seu movemento polo ceo.

 

"Autovía A-3, Madrid-Valencia. Exposición do 5vde decembro do 2014 ao 3 de marzo de 2015".Diego López Calvin

 

 

Para facelas empregamos cámaras estenopeicas:


 

Se queredes ampliar información sobre solarigrafías:

https://proyectosolargrafia.wordpress.com/como-hacer-una-solarigrafia/

http://www.solarigrafia.com/solarigrafia_solargraphy/Introduccion_Solarigrafia.html

Se queredes ampliar información sobre fotografía:

https://www.youtube.com/watch?v=DUQ_lYSEb4c

https://www.youtube.com/watch?v=XaGUL8B-BrE

https://www.youtube.com/watch?v=YSlRAZS2H2o

 

Resultado das solarigrafías colocadas no patio do noso colexio.

1.- Facendo coincidir co equinocio de primavera de 2016, colocamos a cámara estenopeica  nun dos canalóns da parte traseira do colexio.

2.- Tres meses despois, no solsticio de verán 2016, retiramos a cámara. 

            A imaxe " solarigrafía"  sae como negativo.

 A imaxe se positiviza con Photoshop. 

 

Álbum de Mulleres galegas

 

 

O "Álbum de Mulleres" e un traballo da Comisión de Igualdade do Consello da Cultura Galega con 125 biobibliografías de mulleres que tiveron o seu protagonismo en Pontevedra e na súa comarca.



by Dr. Radut