Skip to Content
Lugar de Pedrouzos s/n Brión , A Coruña, Tfno 881866078 ceip.pedrouzos@edu.xunta.gal

As ANPAS do Concello de Brión e a enquisa sobre o galego

Xuntamos comunicado conxunto das ANPAS Rosalía de Castro da EEI dos Anxos, Andaravía do Ceip de Pedrouzos e Pedraviada do Ies de Brión aos pais e nais de Brión.

 Acceso ao documento conxunto

As linguas suman

Xuntamos carta de presentación do tríptico da Coordinadora Galega de Equipos de Normalización e Dinamización Lingüística e o tríptico AS LINGUAS SUMAN, no que se trata de animar a pais e nais  a necesidade de facer saber a Consellería de Educación que os nosos fillos e fillas deben de dominar as dúas linguas oficiais e que polo tanto a galego sexa tamén lingua da aprendizaxe.

Preinscripción curso 2009/10: Listado de admisión

Informamos que todo o alumnado que solicitou praza neste centro educativo para o curso 2009/10 foi admitido.

Xuntamos listados de preinscripcións por niveis educativos.

Prema no nivel educativo correspondente e accederá aos listados:

4º Educación infantil : (3 anos) 

6º Educación infantil : (5 anos)

1º Educación primaria

2º Educación primaria

3º Educación primaria

A matrícula definitiva terán que formalizala as familias do 20 ao 30 de xuño.

(O alumnado procedente das escolas unitarias adscritas tamén deberá formalizar a súa matrícula en xuño)

Documentación necesaria para a formalización de matrícula

Certificado médico
Fotocopia do boletín de vacinas (só infantil)
Fotocopia de tarxeta sanitaria
2 fotos tamaño carnet
Impreso de formalización de matrícula

Menús comedor 3º trimestre do curso 2008/09

Xuntamos menús comedor para o último trimestre do curso 2008/09

Prema na imaxe para ver o menú:

 

 

Alimentos saudables: Alimentos ecolóxicos

Productos ecolóxicos na escola.

Hoxe, 24/03/09,  en colaboración co Consello Regulador da Agricultura Ecolóxica de Galicia, CRAEGA, ofrecemos ao alumnado do centro un charla sobre productos ecolóxicos. 

O  vindeiro mércores disfrutaremos no comedor escolar, dun menú ecolóxico: coleflor con allada, filetes rusos con patacas fritidas e iogurte ecolóxico.

O programa " A revista" acompañounos en directo o día 24, entrevistando e mostrando a degustación de productos ecolóxicos

Prema na imaxe para acceder ao video

 

Antroido no centro

O venres 20 de febreiro celebrouse o antroido no colexio.
Nada máis chegar fomas as aulas a poñer os disfraces.
Logo fomos ao polideportivo para o desfile de comparsas, que este ano adicamos aos contos.Había moitas familias e amigos esperándonos.
Ao remate, voltamos para o centro e no novo ximnasio, tivemos unha degustación de postres do antroido, gracias á colaboracións dos pais e nais de todo o alumnado.

Agora estaremos de vacacións ata o xoves 26. Se qeredes podedes visitar a nosa galería de imaxes do antroido premendo sobre a fotografía que tendes abaixo.

Preinscripción de alumnado 2009/2010

SOLICITUDE DE PRAZA CURSO 2009/10

A preinscripción (solicitude de matrícula) corresponde ao alumnado que desexa cursar estudos o próximo curso académico neste centro educativo e que actualmente non está matriculado no centro.

 PRAZOS

Do 1 ao 31 de marzo de 2009

Xuntamos Anexo II de solicitude de admisión (preinscripción)

Orde de admisión

Luns 9 de Febreiro - Suspéndense as clases

A Dirección Xeral de Protección Civil  informa, mediante un parte emitido ao efecto, que no día de mañá (luns 9 de febreiro) a Comunidade Autónoma verase afectada por un episodio de meteoroloxía adversa motivado por fortes ventos que cualifica de nivel laranxa (risco importante), circunstancia que aconsella a adopción de medidas urxentes para a protección da comunidade educativa.

Diante de tal alarma, a Consellería de Educación e Ordenación Universitaria acorda a suspensión de toda actividade escolar nos centros educativos de ensino non universitario de toda Galicia, durante toda a xornada lectiva do día de mañá, luns, 9 de febreiro.

Co obxecto de garantir que todos os afectados poidan ser informados oportunamente da decisión adoptada e se lles preste a axuda que poidan precisar, a dirección dos centros garantirá a presenza nestes do persoal que asuma tales tarefas.

Santiago de Compostela, a 8 de febreiro de 2009.

Secretaria Xeral de Educación-CEOU

Menús comedor para o segundo trimestre do curso escolar 08/09

Xuntamos menús para os meses de xaneiro, febreiro e marzo de 2009

Prema aquí para abrir o arquivo

Distribuir contido


by Dr. Radut