Skip to Content

Conto inspirado na ilustración de Fino Lorenzo: Encontro.

 

Fino e a serea

 

Érase unha vez un home que se chamaba Fino, que fixo un submarino para coñecer o mundo baixo o mar.

Indo no submarino atopou unha serea, de pelo castaño e longo, ollos grises e unha cola de flores brancas.

O home quedou abraiado porque nunca vira unha. Pareceulle un marabilloso ser que evolucionara dos peixes, pero que se parecía a un ser humano.

Fino viu que a serea estaba soltando uns peixes moi pequenos,que sostiña na man.O home, como era científico, creu que así se creaba a vida no mar.

No camiño á superficie, pensou que el podería crear algo para que a serea se convertira en persoa, e así poder saber como falaban as sereas, para que lle contaran porque tiñan cola de peixe e corpo de persoa.

O home estivo dous meses intentando crear unha poción, que convertira á serea nunha persoa que puidera falar.

Despois de moito tempo, o home deu coa apócema e esa misma tarde foi ao mar buscar a serea para darlle o bebedizo.

O home atopou a serea, deulle a beber a apócema, e funcionou. A serea converteuse nunha fermosa rapaza !!

 

Sonia, Sofía e Raúl. 4ºC



story | by Dr. Radut