Skip to Content

Proxecto Abalar: Navega con rumbo - 2018

O  luns, 21 de maio, na biblioteca do centro,  ao longo da mañán e ás 17:30h. da tarde haberá charlas  divulgativas sobre internet e o uso seguro e responsable da rede,  dirixidas ao alumnado, profesorado e pais/nais, titores/as responsables do alumnado do centro.

As conferencias enmárcanse dentro das charlas divulgativas ABALAR que pretenden  xerar coñecemento na comunidade escolar. Creemos moi importante a participación de pais e nais, de xeito que os nenos e nenas os poidan considerar unha referencia á hora de consultar dúbidas ou situacións comprometidas e mesmo que perdan o medo a introducirse nas novas tecnoloxías.
As charlas serán impartida por Mario Barcala, pai de alumno do centro,  do Colexio Profesional de Enxeñaría en Informática de Galicia (CPEIG) e a duración será aproximadamente dunha hora.
Agardamos a súa presenza

Dirección do centro – Coordinación Abalar

Máis información en: http://www.edu.xunta.es/navegaconrumbo/presentacion.html



page | by Dr. Radut