Skip to Content

INFORMACIÓN COMEDOR ESCOLAR

     Logo das xestións realizadas tanto no Servizo de Comedores dependente da Consellería de Educación como diante doutros departamentos e servizos da propia Consellería, con data 29 de setembro, recibimos unha resolución do Secretario Xeral Técnico da mesma resolvendo que “se amplía o número de persoal de atención ao alumnado do comedor de xestión directa do CEIP Plurilingüe de Pedrouzos mentres se manteña a actual situación da pandemia COVID-19, en 12 persoas quedando fixadas en 27 as persoas colaboradoras no comedor escolar”.

    Lembramos que, tal como recolle a Instrución 2/2019 da Secretaría Xeral Técnica da Consellería de Educación, do 16 de xuño, sobre funcionamento dos comedores escolares de xestión directa no curso escolar 2020-2021 establece que “as funcións de colaboración no comedor só poderán ser desempeñadas por nais, pais, titores legais ou acolledores familiares de alumnos/as que estean cursando no curso 2020-2021 estudos no centro docente respectivo”.

    Polo tanto, queda descartada calquera outro tipo de figura (monitores) ou persoal que poida desempeñar estes labores de colaboración no comedor escolar si non reúne estes requisitos establecidos na Instrución de Comedores.

    Á vista da resposta recibida, non é posible aumentar o número de comensais no comedor escolar debido ás limitacións que nos marcan as medidas de protección establecidas nos protocolos diante da pandemia da COVID - 19.

     No momento en que contemos con 27 persoas colaboradoras fixas que a diario poidan realizar as funcións no servizo, estaremos en disposición de ampliar o número de prazas dispoñibles. (A día de hoxe, só contamos con 9 persoas colaboradoras)

 

Dirección



page | by Dr. Radut