Skip to Content

LISTAXES PROVISIONAIS AXUDAS DE MATERIAL E FONDO DE LIBROS CURSO 2020_21

A partir de hoxe publicamos no taboleiro interior de anuncios do centro a LISTAXE PROVISIONAL das axudas para material escolar e libros para o curso 2020/21.

Poden consultalas no propio centro, ou ben por teléfono, chamando ao 881 866 078, indicando o número de rexistro de entrada da solicitude.

As persoas que presentaron a solicitude de maneira telemática, poden consultar a resolución a través da aplicación "FONDO LIBROS" unha vez publicadas as listaxes definitivas.

Contra a presente LISTAXE PROVISIONAL, establécense 48h de prazo de reclamación.

Os cheques poden recollerse en secretaría a partir do LUNS 13, presentando a copia do rexistro de entrada, menos o alumnado de nova matrícula, que deben esperar ás listaxes definitivas.

O reparto de libros de Fondo Solidario de 3º e 4º de primaria farase en setembro nas titorías.



page | by Dr. Radut