O pasado outono dúas mestras desde centro, Toña Callón (mestra de Inglés) e Pilar Vidal (mestra de Infantil) participamos na convocatoria de prazas destinadas ao profesorado para a realización de itinerarios formativos para a mellora da súa competencia lingüística e comunicativa relativos ao Programa Integral de Aprendizaxe de Linguas Estranxeiras (PIALE).

Este programa ten como obxetivo potenciar contidos e aspectos lingüísticos xa adquiridos, que promovan o avance na consolidación e adquisición de niveis de competencia lingüística superior e se teña a ocasión de aplicar no propio contexto todo o adquirido, fomentando o carácter cooperativo entre as persoas participantes.