Infantil 5 anos

QUE SORPRESA!!!

Que sorpresa tan especial tivemos, a profe Feli veu a nosa clase a ensinarnos un aparello moi estraño. Era un xogo que fixera un neno fai tempo e que ela recuperou para que nós xogaramos un rato con el. Foi unha experiencia fantástica.

CELEBRAMOS O DÍA DA PAZ

O venres 29 de xaneiro celebramos no colexio o Día da Paz. Xuntámonos todos na biblioteca e alí limos e vimos moitas cousas relacionadas coa PAZ: Un power point da "teacher" Isabel que leron unhas nenas de quinto, unha poesía tamén en inglés que leron os nen@s de terceiro, un poema en galego preparado polas profes de relixión, un power point da profe Rosa que nos ensinou que no respecto ás diferencias tamén está a Paz, e por suposto limos o noso libro colectivo da PAZ.
A continuación, no salón de actos todos tiramos ao mesmo tempo o noso avión con mensaxe e recollimos o de outro compañeiro ou compañeira. E rematamos cantando coma sempre a nosa canción para a paz: ¡QUE VIVAN A PAZ E O AMOR!

DEREITOS DOS NENOS E NENAS

Van xan vinte anos dende que a Asemblea Xeral das Nacións Unidas fixo a declaración dos Dereitos do Neno no ano 1989. Estes dereitos agrúpanse en cinco categorías: dereitos á supervivencia, dereitos ó desenvolvemento, dereitos a protección, á participación e por último dereitos a ser escoitados.Na nosa clase traballamos sobre o DEREITO Á EDUCACIÓN . Aquí vos deixamos unha mostra dos preciosos debuxos que fixemos aínda que ese día só eramos catro na clase.

   
   

 

Distribuir contido