Skip to Content

FONDO SOLIDARIO LIBROS DE TEXTO E AXUDAS PARA ADQUIRIR LIBROS E MATERIAL ESCOLAR

 

A Consellería de Educación ven de publicar a ORDE do 29 de ABRIL de 2022 pola que se regula a participación no fondo solidario de libros de texto e se convocan axudas para adquirir libros de texto e material escolar destinadas ao alumnado matriculado en educación primaria, educación secundaria obrigatoria e educación especial en centros docentes sostidos con fondos públicos para o curso escolar 2022/23 (código de procedemento ED330B). (DOG do 18 de Maio de 2022), que regula

O alumnado de 5º de primaria poderá solicitar a axuda para adquisición de material escolar pero queda excluído da participación no fondo solidario de libros de texto por estar incluído no PROXECTO DE EDUCACIÓN DIXITAL E-DIXGAL  

  

Estarán excluídas as solicitudes que superen os límites de renda per cápita da unidade familiar fixados nesta orde: 10.000 € en axudas para adquirir libros de texto e 6.000 € en axudas para adquirir material escolar.

 

Prégase que as familias cunha renda per cápita superior a 10.000€ non presenten a solicitude.

  

 1. Prazo para presentar solicitudes:

 

DO 19 DE MAIO Ó 22 DE XUÑO INCLUÍDO

 

 2. Lugar e forma de presentación de solicitudes:

 

As solicitudes presentaranse preferiblemente por vía electrónica no formulario normalizado (anexoI) (anexoII) dispoñible na aplicación informática «fondolibros» (https://www.edu.xunta.es/fondolibros) a través da sede electrónica da Xunta de Galicia, https://sede.xunta.gal

 

Opcionalmente, poderanse presentar as solicitudes presencialmente nos centros docentes ou en calquera dos lugares e rexistros establecidos na normativa reguladora do procedemento administrativo común.

 

Para a presentación de solicitudes poderá empregarse calquera dos mecanismos de identificación e sinatura admitidos pola sede electrónica da Xunta de Galicia, incluído o sistema de usuario e Chave365 (https://sede.xunta.gal/chave365).

 

 O formulario de solicitude (anexo I) (anexo II) tamén estará dispoñible:

 

    a) No portal educativo, enderezo http://www.edu.xunta.gal.

    b) Nas dependencias das xefaturas territoriais da consellería competente             en materia de educación.

     c) Na sede electrónica da Xunta de Galicia, https://sede.xunta.gal.

     d) Na Secretaría do Ceip Noalla Telleiro. Mais abaixo poden atopar o ANEXO I e o ANEXO II en formato pdf

 

CLICA NOS ENLACES QUE SEGUEN PARA ACCEDER A ORDE DA CONVOCATORIA E AOS ANEXOS I e II NO CASO DE QUERER PRESENTALA PRESENCIALMENTE:

 

Orde DOG martes, 18 de maio de 2022 (xunta.gal)

 ANEXO I  e ANEXO II

 

 

Modificación da Concreción Curricular curso 2021-2022

Publicase para coñecemento de toda a comunidade escolar a modificación curricular para este curso 2021-2022 según Orde do 25 de xaneiro de 2022, pola que se actualiza a normativa de avaliación nas ensinanzas de educación primaria, educación secundaria obrigatoria e de bacharelato no sistema educativo de Galicia.

Pódese ver accedendo ó seguinte documento pdf:

 

SOLICITUDES ADMISIÓN 2022/2023

APERTURA DO PRAZO DE SOLICITUDES ADMISIÓN 2022/2023

 

PRAZO: do 1 ó 21 de marzo ambos incluidos.


FORMA DE PRESENTACIÓN:

-En papel na secretaría do centro.

-De xeito telemático a través da aplicación AdmisiónAlumnado ou da sede electrónica.

 

DOCUMENTACIÓN:

-Formulario de admisión debidamente cumprimentado                                                                      (ANEXOII GALEGO (ANEXOII CASTELÁN)

-DNI do pai, nai ou titores legais e do neno ou nena se o ten (orixinais e copia).

-Libro de Familia: orixinal e copia.

-Certificado de matrícula do curso actual no que está escolarizado de ser o caso.

 

OUTRA DOCUMENTACIÓN (se fose o caso): documento que acredite minusvalía, separación dos pais, custodia, ETC... O alumnado con Necesidades Específicas de Apoio Educativo (N.E.A.E.) deberá achegar documentación xustificativa. (orixinal e copia en todos os casos).

A solicitude deberá ser asinada pola nai e o pai, ou representantes legais do alumnado. No caso de separación ou divorcio, os dous proxenitores ou titores legais asinarán a presente solicitude, agás que aquel que formalice a instancia teña atribuída a patria potestade con carácter exclusivo mediante resolución xudicial, que se presentará coa solicitude para o seu cotexo polo centro educativo.

 

A CONTINUACIÓN PODEN ATOPAR O ENLACE A APLICACIÓN WEB E OS DOCUMENTOS EN PDF PARA FACER 

ENLACE APLICACIÓN WEB: admisionalumnado (xunta.gal)

MANDADIÑO

Coma todos os anos o mandadiño realizará unha serie de ordes para vir vestidos con distintas prendas cada día da semana. As prendas serán acumulativas e as ordes de toda a semana serán as seguintes:

 

LUNS: A semana comeza con algo na cabeza.

 

MARTES: Igual ca as ovellas van ao redil, mañá trae da casa o teu mandil.

 

MÉRCORES: Para o noso gozo traerás algo no pescozo.

 

XOVES: Para correr o frío con ganas, traede batas e pixamas.

 

O VENRES virá disfrazado cada alumno como desexe.

CARREIRA SOLIDARIA DÍA DA PAZ E NON VIOLENCIA

O pasado venres 28 de xaneiro celebramos o DIA DA PAZ E NON VIOLENCIA ESCOLAR coa celebración da CARREIRA SOLIDARIA.

No seguinte enlace amosámosvos algúns instantes da celebración.

 https://youtu.be/kb_T1KHhHVA

DISTRIBUCIÓN DE MÁSCARAS ENTRE O ALUMNADO

SOLICITUDE DE MÁSCARAS

Alumnado matriculado en educación primaria, educación secundaria obrigatoria e educación especial:

a) Non ten que presentar solicitude:

O alumnado beneficiario da axuda de material escolar no curso 2021-2022.

b) Ten que presentar solicitude:

O alumnado que non foi beneficiario da axuda de material escolar no curso 2021-2022 que cumpra algunha das seguintes condicións:

• Que pertenza a unha familia cunha renda per cápita igual ou inferior a 6.000 €.

• Alumnado matriculado en educación especial.

• Alumnado suxeito a tutela ou garda da Xunta de Galicia.

• Alumnado cun grao de discapacidade igual ou superior ao 65%. 

 

Forma de presentación da solicitude:

Unicamente de forma presencial no centro educativo no que estea matriculado o/a alumno/a.

• Prazo:

1.Para o alumnado matriculado no centro no día de publicación da orde no Diario Oficial de Galicia:10 días hábiles a partir do seguinte á publicación no Diario Oficial de Galicia, é dicir, do 15 ao 26 de novembro de 2021. 

2. Para o alumnado que, unha vez transcorrido o prazo indicado, pase a estar en situación de tutela ou garda da Xunta de Galicia, ou se incorpore a un centro docente público titularidade da consellería ou a un privado concertado procedente de fóra de Galicia ou dun centro situado en Galicia pero non sostido con fondos públicos, a solicitude de máscaras poderase presentar no mesmo prazo que a solicitude de libros e material escolar, é dicir, (1) mes contado a partir do día seguinte á formalización da matrícula. 

 

ADXUNTASE ORDE DA CONVOCATORIA 

ANPA DO CEIP DE NOALLA-TELLEIRO

NESTE APARTADO PODEREDES VER TODA A INFORMACIÓN RELACIONADA COA ANPA DO CEIP DE NOALLA-TELLEIRO

https://www.facebook.com/anpanoallatelleiro

 

Teléfono de contacto: 608 263 465

email:  anpaotelleiro@gmail.com

PROTOCOLO DE ADAPTACIÓN AO CONTEXTO DA COVID-19 NOS CENTROS DE ENSINO NON UNIVERSITARIO DE GALICIA PARA O CURSO 2021-2022

PROTOCOLO DE ADAPTACIÓN AO CONTEXTO DA COVID-19 NOS CENTROS DE ENSINO NON UNIVERSITARIO DE GALICIA PARA O CURSO 2021-2022

FORMALIZACIÓN DE MATRÍCULA

 FORMALIZACIÓN DA MATRÍCULA

PRAZO do 20 ao 30 de xuño

 Documentación: 

- Impreso de matrícula cumprimentado (ANEXO III-1)

- Dúas fotografías tamaño carnet.

- Certificado de convivencia.

- Fotocopia do libro de familia onde está inscrito o alumno ou alumna (SE NON SE ENTREGOU NO PROCESO DE SOLICITUDE DE ADMISIÓN)

- Fotocopia do libro de vacinas.

- Fotocopia da tarxeta da seguridade social.

- Certificado médico. 

Outra documentación que deben entregar debidamente cuberta: 

- Folla matrícula (Información adicional para o centro).

- Autorización para as saídas didácticas durante o curso e autorización uso da imaxe.

- Elección Relixión ou Alternativa

LIBROS DE TEXTO CURSO 2021 - 2022

A CONTINUACIÓN ADXUNTANSE OS ARCHIVOS COS LIBROS DE TEXTO POR NIVEL DE CARA Ó CURSO 2021-2022

Distribuir contido


by Dr. Radut