Skip to Content

Complementarias - extraescolares

A VOLTA A VERNE NUNHA XINCANA

   O 26 de abril celebramos a nosa tradicional xincana.

Este ano, como o tema do cole é Xulio Verne, organizamos as preguntas, as probas e os espazos en torno a seis das súas obras.

Sabedes cales?

Clicade no vídeo e daredes a "Volta a Verne nunha Xincana" ( Tranquilos que non ides tardar 80 días!)

sentímolo, flash non está dispoñible.

EXCURSIÓN DE FIN DE CURSO

sentímolo, flash non está dispoñible.

ANTROIDO DE CINE

sentímolo, flash non está dispoñible.

MAGOSTO

   O pasado luns, 14 de novembro celebramos o magosto no cole. Houbo castañas (cocidas e asadas),a actuación de "2 Pallasos en Apuros" , xogos e ... CHOIVA!.

   A verdade que quedou un pouco deslucido por mor do tempo e tivemos que facer cambios sobre a marcha pero bueno, pasámolo ben.

Se queres ver un cachiño da actuación dos pallasos clica na icona de abaixo e logo bótalle un vistazo á galería de fotos.

                                      

HALLOWEEN 2011

          Craig, ademais de ensinarnos moitas cousas tamén nos axudou no baile que preparamos en 6º para todos os compañeiros e compañeiras do cole.

Que non o credes?

Pois aquí está para que vos quede no recordo

sentímolo, flash non está dispoñible.

EXCURSIÓN A LUGO!!

     Como colofón a un ano de duro traballo e de aprender moito sobre Grecia e sobre Roma, decidimos ir ver "in situ" unha das construccións romanas máis famosas que aínda se conservan na nosa terra: a muralla de Lugo.

     Ao chegar fomos visitar o Centro de interpretación da Muralla, onde puidemos ver un vídeo, maquetas e tamén buscar moita información dun xeito interactivo.

     Tamén coñecimos a Casa dos Mosaicos onde, como o seu nome indica, aínda hai restos de mosaicos romanos no chan. Fora unha antiga "Domus" romana, unha casa de xente rica na cidade Un vídeo explicounos moi ben un pouco da historia de Lugo e a distribución das distintas estancias da casa.

     Agora só nos falta dar un paseo pola muralla, e para eso temos unha guía de excepción: Mari Fe, a profe que estivera no noso cole ata este curso e que tivo o gran detallazo de vir connosco para compartir este día. Moitas grazas!

     Despois de xantar como verdadeiros deuses e deusas nunha área recreativa á beira do Miño e de xogar moito, moito, (e incluso de marear á pobre Wilma, a cadeliña de Mari Fe, e deixala estresada para o resto da semana) fomos dar un relaxante paseo en catamarán polo río.

     Clica nesta foto se queres ver unha pequena reportaxe fotográfica deste día.

Ponte Maceira-Santiago-Padrón

ñlksfhkjsv

 

sentímolo, flash non está dispoñible.

Ponte Maceira-Santiago-Padrón

Nós ben que aproveitamos todo!! Tiñamos que facer unha visita ao xornal "El correo gallego" en Santiago co motivo da celebración da Semana da prensa no Colexio e decidimos tomarnos o día en serio e prolongar a festa todo o posible. Ata fomos en tren!!

 

Xincana Clásica

Que ben o pasamos ese día! Acordádesvos?

sentímolo, flash non está dispoñible.

Xincana Clásica 15-3-2011

O cole de Louro sae no periódico por mor da Xincana Clásica. Clica aquí para ver a noticia na edición dixital do xornal.

Distribuir contido


by Dr. Radut