Skip to Content

"Laxe das Rodas" 2016-17

Novo número da nosa tan querida revista!!!

A ver se estes personaxes tamén vos contaxias os seus superpoderes!!

Clicade nesta imaxe e pasade un rato entretido. Procurade aprender moitas cousas que xa sabedes que en calquera momento vos poden facer falla.

Proxecto Documental Integrado 2015-16

Botádelle unha ollada ao noso Proxecto deste curso!!

 

UN VISITANTE DE LUXO

Grazas á ANPA puidemos contar e cantar cunha visita moi agradable que tivemos no noso cole, a de Paco Nogueiras. Ademais recitounos varios poemas de Xosé Neira Vilas.

"CANTAROLAS" é unha obra poética do citado autor e da que Paco musicou algúns dos seus poemas.

Pinchade na imaxe e pasade un rato agradable vendo o ben que o pasamos tamén nós.

 

VÍDEO VI XORNADAS BIBLIOTECAS ESCOLARES 2015

          Por fin temos xa o vídeo que vos prometéramos do relatorio de Silvia nas Xornadas de Bibliotecas Escolares que tiveron lugar en Santiago o pasado mes de novembro.

          Ide ata o final do artigo ao que vos leva esta imaxe cando pinchedes nela.

 

COCIÑEIROS E COCIÑEIRAS!!

Adiviña, adiviñanza:

          O Proxecto que estamos a traballar este curso ten por título:  “Comer e pensar todo é empezar”,

de que pensades que pode tratar? Difícil, eh?

Pois xa estamos “coas mans na masa”, asi que….

Ide preparando a mesa!!! 

MERRY CHRISTMAS

Craig and Kyle wish you Merry Christmas from Scotland and U.S.

Good luck in your new jobs!

We miss you!

 

        

 

 

 

Guía de lecturas. Nadal 2015

Non vos esquenzades de ver as recomendacións de lecturas que vos propoñemos.

Por se perdemos a que nos dan en papel, sempre podemos visitar a sección de "Guías de lectura" no apartado de biblioteca.

Pinchade na imaxe para acceder á guía deste Nadal.

 

 

A NOSA PRESENZA NAS VI XORNADAS DE BIBLIOTECAS ESCOLARES

    Mirade, mirade, todo o que aconteceu nestas xornadas que, para nós, foron marabillosas e moi gratificantes. Nelas, estivemos moi presentes e tivemos a oportunidade de explicar, unha vez máis o noso xeito de traballar por Proxectos.

     Pinchade na  imaxe e disfrutade!!

 

XA É VERÁN!!!

 

Por fin!!! Xa ule a mar, sol, risas e chapoteos. Tamén se escoita o pasar de follas de libros, non oídes? Pois aquí deixamos as nosas recomendacións para que disfrutedes tamén lendo.

FELICES VACACIÓNS!!!

 

Distribuir contido


by Dr. Radut