Reserva de praza en centros de adscrición

As familias do alumnado de 6º de primaria do CEIP DAS MERCEDES que queiran que o seu fillo ou filla curse estudos de 1º ESO no IES SAN XILLAO, deberán entregar a solicitude de reserva de praza do 15 de xaneiro ao 4 de febreiro.

Recomendamos a presentación telemática mais podedes optar polas seguintes formas de presentación premendo nos enlaces:

1. Na SEDE ELECTRÓNICA da Xunta de Galicia

2. Na aplicación admisionalumnado 

3. Na secretaría do centro. (ANEXO I)

As familias que opten por matricular aos seus fillos e fillas noutro centro distinto ao San Xillao, deberán entregar a solicitude de admisión (ANEXO II) do 1-20 de marzo.

AdxuntoTamaño
RESERVA.pdf1.23 MB
ADMISIÓN.pdf1.38 MB