Skip to Content

BIBLIOTECA TROTAAUGAS

 

REVOLTALLO DE COUSAS

VOZ NATURA

O obxectivo desta páxina é manter ás familias dos nosos nenos e nenas en contacto coa actividade diaria do Centro.

VACANTES PARA O CURSO 2019-2020

RECORDAMOS QUE DENDE O 1 ATA O 20 DE MARZO COMEZA O PERIODO DE ADMISIÓN PARA NOVAS MATRICULACIÓNS.

 

A OFERTA DE VACANTES DO NOSO CENTRO É A SEGUINTE:

 

OFERTA DE VACANTES PARA O CURSO 2019-2020

 

 

 

CURSO

VACANTES

4º INFANTIL (3 ANOS)

25

5º INFANTIL (4 ANOS)

11

6º INFANTIL (5 ANOS)

15

1º PRIMARIA

11

2º PRIMARIA

10

3º PRIMARIA

11

4º PRIMARIA

13

5º PRIMARIA

12

6º PRIMARIA

14

MANDADOS DO MECO

Comeza o Entroido!!!!

Estade atentos aos mandados do Meco,

son estes:

 

 

 

 

 

CALENDARIO DO PROCESO DE ADMISIÓN PARA O CURSO 2019-20

- SOLICITUDES DE ADMISIÓN PARA NOVAS MATRÍCULAS                Do 1 ao 20 marzo

- PUBLICACIÓN DE LISTAXE PROVISIONAL DE ADMISIÓN                Antes do 25 de abril

- PUBLICACIÓN DE LISTAXES DEFINITIVAS                                        Antes  do 15 de maio

- FORMALIZACIÓN DE MATRÍCULA                                                      Do 20 ao 30 de xuño

 

SOLICITUDES DE ADMISIÓN: Do 1 ao 20 de marzo

  • Para o alumnado que non está actualmente matriculado no centro: NOVAS MATRÍCULAS para o curso 2019/20
  • As familias poderán cumprimentar esta solicitude de xeito manual (recollendo o impreso na secretaría do centro), ou entregar a copia xa cuberta telemáticamente debidamente asinada polos dous proxenitores.           (https://www.edu.xunta.es/admisionalumnado)
  • Cando entreguen a solicitude de praza, faráselle entrega da documentación que deberán traer para a formalización de matrícula que se realizará entre o 20 e o 30 de xuño.

RECORDADE O HORARIO DE SECRETARÍA DO CENTRO:

- MARTES, MÉRCORES E VENRES: De 13:00 a 13:45

- XOVES: De 8:45 a 9:35

XORNADA DE PORTAS ABERTAS

CALENDARIOS DE DECEMBRO E XANEIRO

Aquí están os calendarios dos meses de decembro e xaneiro que fixeron os nenos e nenas de 1º e 6º:

 

 

 

FELICITACIÓN E FESTIVAL NAVIDEÑO

 

Recordamos que o Festival de Nadal será o xoves día 20 e que as clases rematarán o venres 21.

 

Estades todas as familias invitadas ao noso festival.

 

Clicade aquí se queredes ver a invitación e a orde de actuacións.

CALENDARIO ESCOLAR 2018-2019

25 NOVEMBRO: DÍA INTERNACIONAL CONTRA A VIOLENCIA DE XÉNERO

Os nenos e nenas do noso colexio queren sumarse ao

DÍA CONTRA A VIOLENCIA DE XÉNERO

e rexeitar así calquera tipo de actitude e comportamento que non

respecte a liberdade das persoas.

 

Ademais os nenos e nenas de 5º e 6º participaron realizando un mural e gravando este vídeo, esperamos que axude á sensibilización deste día:

CLICADE NA FOTO PARA VER O VÍDEO

PROXECTO CURSO 2018-19

Este curso 2018-19 iniciamos un novo proxecto:

"LEMBRANDO OS 80´s"

 

Para comezar, seguimos unha serie de pistas que a nosa Troti nos preparou.

Clicade na imaxe para ver os vídeos.

BECAS PARA ALUMNADO NEAE

Está aberto o prazo para solicitar becas para alumnado NEAE ata o 27 de setembro.

Para máis información, premede na imaxe:

 

Podedes tamén preguntar no cole (falar con Lydia, a orientadora)

Distribuir contido


by Dr. Radut