Skip to Content

BIBLIOTECA TROTAAUGAS

 

REVOLTALLO DE COUSAS

VOZ NATURA

O obxectivo desta páxina é manter ás familias dos nosos nenos e nenas en contacto coa actividade diaria do Centro.

ADAPTACIÓN DAS PROGRAMACIÓNS DIDÁCTICAS.

Trala publicación da Orde do 25 de xaneiro do 2022 pola que se actualiza a normativa da avaliación nas ensinanzas de educación primaria, de educación secundaria obrigatoria e de bacharelato; elaboramos a addenda ás programacións didácticas na que se especifican as modificacións pertinentes.
 
Para consultar o documento preme na seguinte imaxe:
 

COMUNICACIÓN SOBRE AS SOLICITUDES DE ADMISIÓN.

Rematado o prazo ordinario de admisión para o curso 2022/2023 que durou do 1 ao 21 de marzo, anunciamos que todas as solicitudes entregadas en prazo foron admitidas e non hai que levar a cabo a fase de baremación en ningún curso.

O día 22 de abril publicaranse as listas provisionais de solicitudes admitidas nos taboleiros interiores do colexio, tal como indica a lei de Protección de Datos. 

Tamén poderán consultarse vía telefónica no 886110435 indicado o DNI dun proxenitor.

ADMISIÓN DO ALUMNADO - CURSO 2022/2023

ADMISIÓN PARA O CURSO 2022/2023

Lexislación aplicable:

- Decreto 13/2022 (DOG 11 de febreiro de 2022)

- Orde do 12 de marzo de 2013 (DOG de 15 de marzo de 2013)

- Orde do 25 de xaneiro de 2017 (DOG 1 de febrero de 2017)

 

PRAZOS PARA A TRAMITACIÓN DOS PROCEDEMENTOS DE ADMISIÓN E DE MATRÍCULA DO ALUMNADO.

   

 

 SOLICITUDES DE ADMISIÓN.

Presentación da solicitude de admisión no colexio: do 1 ao 21 de marzo 

Entregarase persoalmente no centro ou na sede electrónica da Xunta  a seguinte documentación:

  • Impreso de solicitude (ANEXO II - ED550B) (Dispoñible o día 1 de marzo)
  • Fotocopia do DNI do neno/a ou da folla correspondente do libro de familia.
  • De ser o caso, convenio regulador ou resolución xudicial de separación ou divorcio.
  • Se solicita praza nun curso distinto de 4º de E. Infantil, certificación de matrícula e académica do centro de orixe.

O impreso de solicitude de admisión pode cubrirse á man ou informáticamente na aplicación “admisionalumnado” (https://www.edu.xunta.es/admisionalumnado).

En caso de separación ou divorcio coa patria potestade compartida, a solicitude debe ser asinada polos dous proxenitores.

Se se quere facer constar varios centros por orde de preferencia, entregarase unha única solicitude no centro pedido en primeiro lugar.

Presentar varias solicitudes de admisión en centros distintos suporá a perda dos dereitos de prioridade que poidan corresponder, a non ser que se renuncie expresamente por escrito ás solicitudes anteriores.

No caso de que a solicitude estivese correctamente cumprimentada e o número de solicitudes presentadas fose inferior ao número de prazas ofertadas polo centro, o/a alumno/a aparecerá na listaxe provisional de admitidos que será publicada antes do 25 de abril.

OFERTA DE VACANTES PARA O CURSO 2022/2023

OFERTA DE VACANTES PARA O CURSO 2022/2023

A) Lexislación aplicable:

- Decreto 254/2012, do 13 de decembro, polo que se regula a admisión de alumnado en centros docentes sostidos con fondos públicos que imparten as ensinanzas de segundo ciclo de educación infantil, de educación primaria, de educación secundaria obrigatoria e de bacharelato reguladas na Lei Orgánica 2/2006, do 3 de maio, de educación.

- Orde do 12 de marzo de 2013 pola que se regula o procedemento para a admisión do alumnado no segundo ciclo de educación infantil, educación primaria, educación secundaria obrigatoria e bacharelato en centros docentes sostidos con fondos públicos.

- Orde do 25 de xaneiro de 2017 pola que se modifica a Orde do 12 de marzo de 2013.

 

B) Información relevante:

Nos niveis de inicio de cada etapa educativa (4º EI e 1º EP), poranse a disposición da Administración educativa 3 postos escolares por unidade para o alumnado con NEAE, que serán asignados con prioridade pola Comisión de escolarización/Servizo Territorial de Inspección Educativa segundo corresponda.

 

C) Oferta de vacantes:

O número de prazas vacantes para o curso 2022/2023 é o seguinte:

XORNADA DE PORTAS ABERTAS 2022

Se queres coñecer o cole, reserva praza para a Xornada de Portas Abertas.

Non te quedes sen ela!

 

NOVO PROTOCOLO DE VIXIANCIA E CONTROL EPIDEMIOLÓXICO EN CENTROS EDUCATIVOS.

A continuación proporcionamos a información sobre o novo protocolo de vixiancia e control epidemiolóxico en centros educativos.

 

É importante saber que, cando o voso fillo/a dea resultado positivo en COVID-19 teredes que comunicalo ao pediatra ou no teléfono 881540045. Tamén será necesario que o comuniquedes ao centro escolar.

Cando se produza un positivo nunha aula, informaremos mediante a plataforma ABALAR. Soamente se informará aos proxenitores/as do grupo no que se apareza algún caso positivo coa finalidade de extremar precaucións de hixiene, distancia e uso de máscara.

 

RESERVA DE PRAZA PARA O IES RIBEIRA DO LOURO - CURSO 2021/2022

 

Dende o 11 de xaneiro, está aberto o prazo de reserva de praza para alumnado de 6º curso que desexe continuar os seus estudos no IES Ribeira do Louro.

 

Dito alumnado, deberá presentar no noso centro o ANEXO I debidamente cumprimentado. Dende o centro enviamos a documentación necesaria, pero podedes descargar este Anexo premendo na imaxe:

Esta solicitude deberase presentar no centro educativo de orixe ou en calquera dos lugares que establece a Lei 39/2015, do 1 de outubro, do Procedemento Administrativo Común, incluída a SEDE ELECTRÓNICA, para o que se precisará de Chave365 ou certificado dixital, sendo esta a canle preferible de presentación

 

A reserva adquirirá carácter vinculante e será incompatible coa presentación de solicitude noutro centro, salvo renuncia expresa e por escrito presentada no centro antes do inicio do prazo de presentación de solicitudes de admisión (01 de marzo de 2022).

 

O resto do alumnado, desde Ed. Infantil ata 5º Ed. Primaria, que este ano estivo matriculado no noso centro, ten reservada praza de oficio no centro polo dereito de permanencia.

 

 

 

CP RECUPÉRA-T - PROA+ 2021/2022

Este curso, o noso centro participa no PROGRAMA PROA+ (APOIO, REFORZO DE COMPETENCIAS E ORIENTACIÓN), que consiste nun reforzo para o alumnado de 6º de educación primaria.  Durante todo o curso e a media xornada, contaremos cunha nova docente (Rosa) que se encargará de levar a cabo dito programa.

Podedes atopar máis información  da Consellería de Cultura, Educación e Universidade premendo na imaxe:

CP RECUPÉRA-T - ARCO 2021/2022

Este curso, o noso centro participa no PROGRAMA ARCO (APOIO, REFORZO DE COMPETENCIAS E ORIENTACIÓN), que consiste nun reforzo para o alumnado de 4º e 5º de educación primaria.  Durante o primeiro trimestre, contaremos cun novo docente (Brais) que se encargará de levar a cabo dito programa.

Podedes atopar máis información  da Consellería de Cultura, Educación e Universidade premendo na imaxe:

Felicitación de Nadal 2021

O Claustro de docentes do CEIP da Cruz-Budiño desexa que pasedes unha Boa Navidade e que teñades un Feliz ano 2022.

 

Coidádevos moito e vémonos o día 10 de xaneiro coas pilas ben cargadas xa que temos milleiros de sorpresas para continuar o curso con ilusión e compartindo xuntos momentos inolvidables.

  

Distribuir contido


by Dr. Radut