Skip to Content

CONCURSO BOOKTUBERS DÍA DO LIBRO 2021

Tamén fixemos a entrega de premios ós booktubers que mellor promocionaron a lectura do seu libro favorito. Noraboa a estes grandes lectores!!

Convocatoria do fondo solidario de libros de texto e axudas para adquirir libros de texto e material escolar destinadas ao alumnado matriculado en educación primaria, ESO e educación especial para o curso escolar 2021/22

 

Orde do 6 de maio de 2021 pola que se regula a participación no fondo solidario de libros de texto e se convocan axudas para adquirir libros de texto e material escolar destinadas ao alumnado matriculado en educación primaria, educación secundaria obrigatoria e educación especial en centros docentes sostidos con fondos públicos, para o curso escolar 2021/22 (código de procedemento ED330B).

  • O prazo para presentar solicitudes iniciarase o día seguinte ao da publicación desta orde no Diario Oficial de Galicia e rematará o día 22 de xuño de 2021 (este incluído).
  • A solicitude telemática faise na aplicación da Web de edu.xunta, na aplicación Fondolibros
  • A solicitude presencial farase entregando os anexos cubertos na secretaría do centro xunto coa copia do libro de familia ou documentación que acredite a situación familiar.

- Orde do 6 de maio de 2021 (DOG 20 de maio)

- Extracto da Orde do 6 de maio de 2021

- Anexos solicitude I

- Anexo solicitude II

SEMANA DAS LETRAS GALEGAS: "Xela Arias co código"

     
                                                                                                  
     

LETRAS GALEGAS EN 5º: EN DEFENSA DO GALEGO

     
                                                                                                                                                                      
     

CONCURSO DE POESÍA: “MULLER TRABALLADORA: ROSALÍA PRECURSORA”

 

Con motivo do Día de Rosalía de Castro (24 febreiro) e do Día Internacional da Muller (8 de marzo) celebrouse un Concurso de Poesía para todos os cursos de Infantil e Primaria. O tema dos poemas é “MULLER TRABALLADORA: ROSALÍA PRECURSORA”. Os poemas tratan temas coma o papel da nai na familia, a muller no campo, a emigración, a morriña, a soidade, o folclore, a natureza, os costumes...
Aproveitando a semana dedicada ás Letras Galegas entregamos os premios ás/aos gañadores deste concurso. Noraboa a tod@s!!!

6º INFANTIL: CARAS DIVERTIDAS

 

@s alumn@s de 6º de Infantil pasaron un bo intre estimulando a creatividade para elaborar as caras de persoas e animais cos complementos máis insospeitados!!!

 

 

4º: DÍA DOS MUSEOS

 

Para conmemorar o Día dos Museos @s alumn@s de 4º paticipan nun proxecto colaborativo co Museo Arqueolóxico no que deseñarán as salas expositivas do futuro museo. Terán que traballar por equipos, dividir o traballo para escoller as pezas que se exporán na sala, documentalas, elaborar os carteis explicativos, deseñar a colocación e o percorrido da visita.

Todo un traballo de museólogos!!!

5º: AS ONG DO FUTURO

 

Os alumnos de valores de 5º de E.P  traballamos a importancia das ONG nas nosas vidas, por iso fixemos un proxecto de cales poden ser as ONG do futuro.

"AÍ VEN O MAIO!"

 

Na última semana de abril elaboramos o maio do colexio. A Anpa colaborou coa construción da base de madeira con forma piramidal e recuberta de tea de saco. A decoración do maio, dentro da modalidade de "maio creativo", correu a cargo d@s alumn@s de Primaria. O resultado foi espectacular!!

 

DÍA DO LIBRO 2021

Na semana do 19 ao 23 de abril conmemoramos o Día do Libro cunha morea de actividades, tanto na aula como fóra dela…
Distribuir contido


by Dr. Radut