Complementarias, Festival de Nadal, Día da Paz, Voz Natura, Entroido, Festival fin de curso

FESTIVAL

GOZADE DAS FERMOSAS ACTUACIÓNS DOS NENOS E NENAS DO COLEXIO

DÍA DAS LETRAS GALEGAS 2018

CELEBRAMOS ESTE DÍA ESPECIAL

DEDICADO A MARÍA VICTORIA MORENO

              

AUDIOVISUAL SOBRE A AUTORA                                   TEATRO ESCOLAR

DÍA DO LIBRO

APADRIÑA UN LECTOR

Fermosas fotos desta actividade de fomento da lectura

ENTROIDO

Xa podes gozar das fermosas fotos

do noso  ENTROIDO

Fotos individuais     Fotos Grupos

 

 

NADAL NO COLEXIO


XA PODEDES GOZAR DAS NOSAS ACTUACIÓNS DE NADAL!

LITTLE BAND

PANXOLIÑAS

TEATRO

MAGOSTO

PULSA NA IMAXE PARA VER AS DIVERTIDAS FOTOS DO NOSO

MAGOSTO

FANTÁSTICO o noso entroido!!

PULSA NO MECO PARA VER AS FOTOS DO ENTROIDO

pulsa AQUÍ para as fotos de grupo. Se desexas pedir unha foto de grupo indica na solicitude o CURSO DO GRUPO (EX. grupo terceiro) Para os grupos que faltan pulsa no meco

 

PROXECTO VOZ NATURA IV

CONTINUAMOS COA POSTA EN VALOR DA CARBALLEIRA DE SANTA MARÍA

CUARTA FASE curso 2016-2017

Durante este curso realizamos as seguintes actividades:

Cultivamos a Paz!!

O martes 31 de xaneiro conmemoramos no noso centro o Día da Paz e a non Violencia, sen esquecernos de que algo tan importante non é cousa dun día, debemos construir a paz cada día. Durante a semana anterior e a seguinte levamos a cabo ensaios da canción da paz, construimos as nosas flores de paz e recibimos unha interesante charla sobre a realidade dos refuxiados. Pulsa AQUÍ para ver o vídeo da nosa canción.

Xa podedes ver as nosas fotos na galería premendo neste enlace:

Boas Festas e mellor ano que comeza!!

Agardamos que esteades gozando dunhas moi boas festas en familia! Aquí vos deixamos un enlace dende onde podedes acceder ás fotos das actividades levadas a cabo no centro neses días de celebración previos ás vacacións.

Reutilizamos por un Nadal mais sostible!!

Este pasado venres, día nove de decembro, os nenos e nenas máis peques do cole (educación infantil) e os maiores (quinto e sexto de primaria) aproveitaron materiais de refugallo para construir preciosos adornos de Nadal. Os maiores compartiron cos nenos e nenas de infantil as súas habilidades e os pequenos non perderon detalle do que tiñan que facer.

Bótadelle un ollo aos artistas e as súas obras na galería!

 

Máis actividades do outono

Antes de que chegue o inverno e de que remate esta fermosa estación, queremos compartir con vos as fotos doutras actividades que tamén fixemos durante este tempo.

Como sabedes, encántanos gozar coidando da natureza, coñecendo a nosa carballeira e todo o que nos proporciona, así que non dubidamos en aceptar a proposta que nos fixeron dende Rosenlands: unha aproximación á micoloxía que incluiu a interesante exposición que podedes ver nas fotos que vos achegamos e unha divertidísima procura do tesouro pola carballeira.

 

O Samaín!!

Como todos os anos, no final do mes de outubro celebramos o Samaín, tivemos unha chea de actividades nas aulas e por todo o cole e pasamos momentos de medo!!!

Na galería de imaxes tendes as nosas fotos, podedes ver que "ben" o pasamos cos contos da Biblioteca, no Bosque das ánimas e con todas as actividades realizadas.

 

Celebrando o Magosto!

O venres 11 de novembro, como non podía ser doutro xeito, celebramos o Magosto no noso centro. Gozamos dunha mañá chea de movemento e experiencias. Comezamos cunha camiñata pola carballeira, repuxemos forzas cunha degustación de deliciosos froitos e doces desta tempada (tamén castañas, por suposto!), e pasámolo xenial cunha chea de xogos populares.

Xa podedes ver as fotos na galería.

XERMOLIÑO

O 7 de abril, os alumnos/as de 6º de EP acudiron ao polideportivo de Celanova para realizar actividades de hábitos de vida saúdables en convivencia con alumnos/as de outros centros educativos.

Pincha na imaxe para ver as fotos.

Distribuir contido