Skip to Content

PROTOCOLO DE ADAPTACIÓN AO CONTEXTO DA COVID-19 NOS CENTROS EDUCATIVOS

Publicado o novo protocolo COVID-19 para este curso 21/22 versión 20/05/22, que entra en vigor a partir da súa publicación.

FONDO SOLIDARIO DE LIBROS DE TEXTO AXUDAS PARA ADQUIRIR LIBROS DE TEXTO E MATERIAL ESCOLAR CURSO 2022/2023

Aberto o prazo para solicitar a axuda para adquirir libros de texto e material escolar para o vindeiro curso 2022/2023, desde o 19 de maio ata o 22 de xuño de 2022, ámbolos incluídos. Pódese presentar a solicitude de xeito telemático ou na secretaría do centro.

Información e Anexo I e Anexo II, a cumplimentar.

 

REGUEIFAS

O pasado venres visitounos o regueifeiro mariñán Cristian Gomez, co que pasamos un día moi divertido aprendendo o que son as regueifas e incluso facendo as nosas propias creacións.

Aquí podedes atopar información sobre estas composicións para aprender un pouco máis.

 

 

O ENTROIDO EN GALICIA

Durante a semana do Entroido os nenos e nenas do cole indagaron sobre as diferentes celebracións desta festa ó longo de Galicia. Buscaron información e coñeceron un pouco máis as nosas tradicións. Como resultado final, crearon mediante diferentes técnicas plásticas, as máscaras tradicionais de cada zona.

 

 

FELIZ DÍA DE ROSALÍA

Aquí vos deixamos o Roteiro elaborado polos nenos e nenas do cole para conmemorar a Rosalía e Cunqueiro

 

 

O MANDADIÑO

¡¡Moi atentos todos o mandadiño do Meco!! Poderedes consultar aquí cada día o mandadiño

 

Distribuir contido


by Dr. Radut