LIBROS DE TEXTO PARA O CURSO 2024-2025

LISTAXE DE LIBROS DE TEXTO PARA O CURSO 2024-2025

AXUDAS PARA ADQUISICIÓN DE LIBROS DE TEXTO, MATERIAL ESCOLAR E FONDO SOLIDARIO DE LIBROS

No DOG de 20 de maio de 2024 publicouse a Orde pola que se regula a participación no fondo solidario de libros de texto e se convocan axudas para adquirir libros de texto e material escolar destinadas ao alumnado matriculado en Educación Primaria, ESO e educación especial en centros sostidos con fondos públicos para o curso escolar 2024/2025.

 

No curso 2024/2025 o Fondo solidario de libros de texto estará accesible para o alumnado matriculado en 3º e 4º de Primaria. O alumnado matriculado no curso 2024/25 en 5º e 6º de EP no noso centro, ao formar parte do Proxecto E-DIXGAL, está excluído da participación no fondo solidario de libros de texto e das axudas para adquirir libros de texto. Non obstante, poderán solicitar a axuda para adquirir material escolar cando reúnan os requisitos establecidos na orde.

 

En 1º e 2º de educación primaria haberá as axudas para a adquisición de libros de texto. No caso do material escolar, convócanse axudas para a súa compra destinadas ao alumnado matriculado en toda a Educación Primaria.

 

Os requisitos e termos da convocatoria poden consultarse no taboleiro de anuncios da entrada do colexio, na páxina web do centro e no portal da Consellería https://www.edu.xunta.gal/portal/fondolibros

 

O prazo para a presentación das solicitudes remata o 21 de xuño de 2024, inclusive.

 

As solicitudes presentaranse preferiblemente por vía electrónica no formulario normalizado (ED330B-anexos I e II) dispoñible na aplicación «fondolibros» https://www.edu.xunta.es/fondolibros a través da sede electrónica da Xunta de Galicia, https://sede.xunta.gal/detalle-procedemento?codtram=ED330B. Opcionalmente, poderanse presentar as solicitudes  presencialmente  no centro  ou en calquera dos lugares e rexistros establecidos na normativa reguladora do procedemento administrativo común. O formulario tamén está dispoñible no centro. 

 

No caso das axudas para a adquisición de libros de texto, os tramos de renda e as súas correspondentes axudas son as seguintes para 1º e 2º cursos de Educación Primaria:

 

  • Renda per cápita familiar igual ou inferior a 6.000 euros: 240 euros.
  • Renda per cápita familiar superior a 6.000 ata 10.000euros: 160 euros 

 

A contía da axuda para adquirir material escolar destinado a alumnado matriculado en Educación Primaria será a seguinte:                                                                                                              

 

a) Renda per cápita familiar igual ou inferior a 6.000 €: 75 €.                                                                 

 

b) Renda per cápita familiar superior a 6.000 € e igual ou inferior a 10.000 €: 60 €.

 

Para os efectos de renda terase en conta o exercicio fiscal do ano 2022 e para as circunstancias familiares a alegar serán a composición familiar a 31 de decembro de 2022, agás cando unha sentencia de separación ou divorcio posterior a esta data atribúa a custodia a un dos dous proxenitores e nos casos de violencia de xénero que se aplicará o disposto na súa lexislación específica.

 

Cando se presentase declaración do imposto sobre a renda das persoas físicas no exercicio fiscal 2022, sumaranse a base impoñible xeral (recadro 435) e a base impoñible do aforro (recadro 460); cando non se presentase, teranse en conta os ingresos de acordo cos datos tributarios facilitados pola Axencia Estatal de Administración Tributaria.

 

Fondo público solidario. Será requisito fundamental para acceder ao fondo solidario, ou recibir as axudas para libros ou material escolar ter devolto os libros de texto. A asignación de libros de texto correspondente aos cursos de 3º e 4º de Primaria, de non alcanzar os libros dispoñibles no fondo solidario, o centro adquirirá os libros complementarios necesarios.

 

 

CONVOCATORIA DE AXUDAS PARA ALUMNADO CON NECESIDADE ESPECÍFICA DE APOIO EDUCATIVO CURSO 2024-2025

O Ministerio de Educación, Formación Profesional e Deportes vén de publicar no seu portal web as becas e axudas para alumnado con necesidade específica de apoio educativo (neae) para o curso 2024 2025. Acceso ao Extracto da Resolución.

Poderán solicitar as axudas o alumnado que presente necesidades educativas especiais derivadas de discapacidade, trastornos graves de conduta ou trastorno grave da comunicación e da linguaxe , incluído alumnado TDAH e TEA.

Así mesmo, poderán solicitar as axudas o alumnado  con necesidade específica de apoio educativo asociado a Altas Capacidades.

Os/As solicitantes deben cubrir o formulario por internet no seguinte ligazón. Unha vez cuberta, se non se conta co sistema de firma aceptado pola sede electrónica,  poderán  imprimir, asinar e entregalo no centro educativo no que o alumno/a estea matriculado no curso 24-25 xunto coa documentación complementaria requerida (certificado da  conta bancaria do alumno/a, diagnóstico médico do SERGAS, certificado de discapacidade, título de familia numerosa, de selo caso…).

Toda a información e as explicacións para realizar a solicitude dispoñibles aquí:

https://www.becaseducacion.gob.es/becas-y-ayudas/ayudas-apoyo-educativo/como-solicitarla.html

Prazo de presentación de solicitudes: desde o 30 de abril ata o 13 de setembro de 2024.

ADMISIÓN ALUMNADO PARA O CURSO 2024 2025: SOLICITUDES ADMITIDAS

Infórmase ás familias que presentaron solicitudes de praza para o curso 2024 2025 que todas foron admitidas e non é preciso presentar ningunha documentación adicional. A listaxe pódese consultar no tabloreiro do centro.

O prazo para a formalización de matrícula é do 20 ao 30 de xuño.

ADMISIÓN ALUMNADO PARA O CURSO 2024/2025

ADMISIÓN DO ALUMNADO.

 

 INFORMACIÓN DO PROCEDEMENTO

 

 NORMATIVA QUE REGULA O PROCEDEMENTO DE ADMISIÓN DO ALUMNADO

 

DECRETO 13/2022, do 3 de febreiro, polo que se regula a admisión de alumnado en centros docentes sostidos con fondos públicos que imparten ensinanzas de segundo ciclo de educación infantil, de educación primaria, de educación secundaria obrigatoria e de bacharelato reguladas na Lei orgánica 2/2006, do 3 de maio, de educación.

 

 

ORDE do 21 de outubro de 2022 pola que se desenvolve o Decreto 13/2022, do 3 de febreiro, e se regula o procedemento de admisión do alumnado nos centros docentes sostidos con fondos públicos que imparten ensinanzas de segundo ciclo de educación infantil, de educación primaria, de educación secundaria obrigatoria e de bacharelato reguladas na Lei orgánica 2/2006, do 3 de maio, de educación (códigos de procedemento ED550A, ED550B e ED550C)

 

CO SEGUINTE CALENDARIO:

  

                             PROCESO 

        DATAS 

 

 

Reserva de praza no centro de adscrición. (Para o alumnado de 6º de primaria que vai para o IES BREAMO) 

 

 

DATA DE PUBLICACIÓN da listaxe do alumnado con posto reservado

Do 14 de xaneiro ao 05 de febreiro

 

 

22 de febreiro

 

  Data do sorteo público a efectos de desempate. 

Antes do 1 de marzo. 

Publicación de postos escolares vacantes. 

Antes do 1 de marzo. 

4

 

 

SOLICITUDE DE ADMISIÓN.

 

Prazo de presentación de solicitude de admisión para o alumnado que se incorpora por primeira vez ao sistema educativo galego ou para os que cambian de centro de maneira voluntaria.

 

MAIS INFORMACIÓN NA PARTE INFERIOR DA PÁXINA

 

Do 1 ao 20 de marzo 

En liña: Sede electrónica (ED550B)

Centro: Documentación a entregar: ANEXO II E ANEXO II BIS, fotocopia libro de familia e DNI da persoa solicitante...

 

Presentación da documentación acreditativa dos criterios de baremo. (Se existe máis demanda que oferta de prazas) 

10 días hábiles a partir do 21 de marzo

Publicación das listaxes provisionais de admitidos e non admitidos.  

5 días hábiles para formular reclamacións, a partir do día seguinte da súa publicación.

 

25 de abril

 ( No taboleiro do centro ou en admisiónalumnado empregando o código de solicitude e DNI da persoa solicitante)

 

Publicación das listaxes definitivas de admitidos e non admitidos. 

 

15 de maio. (No taboleiro do centro ou en admisiónalumnado empregando o código de solicitude e DNI da persoa solicitante)

Formalización da matrícula en educación infantil e primaria para  o alumnado admitido.

 MAIS INFORMACIÓN NA PARTE INFERIOR DA PÁXINA

Do 20 ao 30 de xuño. 

 

 

 

 

 

 

 

 DOCUMENTACIÓN QUE HAI QUE PRESENTAR DO 1 AO 20 DE MARZO EN SECRETARÍA PARA  SOLICITAR A ADMISIÓN DO NOVO ALUMNADO:

 

 

_ Descargar o impreso de solicitude: Anexo II e Anexo II Bis (Procedemento ED550B) na aplicación admisionalumnado ou premendo no seguinte enlace:

 

ADMISIÓN GALEGO          ADMISIÓN CASTELÁN

 

-A continuación presentar esta solicitude ( anexo ll e anexo II bis) na secretaría do centro que a rexistrará.

En todos os casos de solicitude de alumnado menor de idade é necesario o consentimento expreso de ambas persoas proxenitoras. En consecuencia todas as solicitudes deben estar asinadas pola persoa solicitante e o Anexo II Bis pola outra persoa proxenitora).

-ou  cumprimentar a través da aplicación informática ADMISIÓN DE ALUMNADO

(https://www.edu.xunta.gal/admisionalumnado) a través do (menú "2. SOLICITUDES, "2.2 Admisión, "2.2.4Crear solicitude de admisión.

Se se realiza desde a aplicación informática o seguinte paso sería: Imprimir a solicitude e achegala ao centro educativo e se dispoñen de certificado dixital, presentala informáticamente e asinala en Sede Electrónica.

 

 Estes anexos irán acompañados de:

. Copia libro de familia ou outro documento acreditativo da idade: Fotocopia cotexada do libro de familia ou DNI.

. DNI dos proxenitores 

. Certificado de empadroamento

. Resolución da sentencia de separación ( en caso de separación ou divorcio, sentencia xudicial de separación ou divorcio e/ou o convenio regulador onde conste a custodia do menor

. Documentación xustificativa da solicitude dunha praza para alumnado con necesidades específicas de apoio educativo.

. Toda aquela documentación que xustifique o alegado para efectos do baremo, de ser o caso, que deberá ser orixinal ou copia cotexada.

 

 
 

 

FORMALIZACIÓN DAS SOLICITUDES DE ADMISIÓN:  DO 20 AO 30 DE XUÑO

 

.A solicitude será única e terá carácter vinculante.

 

.Cada solicitude poderás conter unha relación de ata seis centros, por orde de preferencia e presentarse no centro indicado en primeiro lugar.

 

.No caso de ausencia puntual da outra persoa proxenitora non separada nin divorciada, poderá admitirse a presentación dunha declaración responsable da persoa que asina a solicitude indicando o motivo que impida o consentimento expreso da outra.

 

.No caso de proxenitores separados o divorciados a solicitude deberá estar asinada por ambos proxenitores.

 

.Unha vez presentada a solicitude non é posible modificar os centros relacionados nina a súa orde de prelación.

 

.Para renunciar a unha solicitude de admisión ordinaria anterior (do 1 ao 20 de marzo) terá que presentar unha nova solicitude ED550B en prazo, na que terá que cubrir os datos que aparecen non recadro "supostos específicos".

 

.Na mesma solicitude as persoas representantes legais do alumnado deberán manifestar se desexan ou non utilizar o servizos complementariors (Transporte e comedor escolar).

 

.Os representantes legais do alumno/a deberán indicar se este presenta necesidade específicas de apoio educativo (Achegando, se fose o caso, a documentación que acredite as circunstancias alegadas).

 

.No caso de infracción dos apartados anteriores determinará a perda dos dereitos de prioridade que poida corresponderlle.

 

.As solicitude poderá descargarse da GUÍA de procedementos e servizos da Administración da Comunidade Autónoma de Galicia, ou ben no menú "Inicio" da aplicación admisionslumnado.

 

.Unha vez admitido un alumno/a nun centro queda garantida a súa permanencia no mesmo ata a finalización da etapa educativa e non requerirá un novo procedemento de admisión, agás que haxa un cambio de centro.

 

POSTOS ESCOLARES OFERTADOS

 

 

curso

vacantes

 

4º Educación Infantil

 

 

40

 

5º Educación Infantil

 

 

10

 

6º Educación Infantil

 

 

7

 

1º Educación Primaria

 

 

6

 

2º Educación Primaria

 

 

1

 

3º Educación  Primaria

 

 

0

 

4º Educación  Primaria

 

 

0

 

5º Educación  Primaria

 

 

4

 

6º Educación  Primaria

 

 

0

 

 

 

 

 

 

 

 

 

 

 

 

 

 

 

 

 

 

 

 

 

 

 

 

 

 

 

 

 

 

 

 

 

 

 

 

XORNADAS DE PORTAS ABIERTAS

FAMILIAS,

LEMBRADE QUE ESTE MARTES 27 DE FEBREIRO VOLTAMOS A TER XORNADA DE PORTAS ABERTAS.

ESPERÁMOSVOS!

 

 

 

 

OUTRO ANO MÁIS, GRAZAS!!

MOITAS GRAZAS!

 

Queridas familias

 

Como ben sabedes con motivo do día da paz e non violencia se fixo unha recollida humanitaria en colaboración co Banco de Alimentos Rías Altas (Zona Ferrol).

Só temos palabras de agradecemento!

 

Distribuir contido