Inicio de sesion

Iniciar sesión: Acceso

Orientación

As persoas con Autismo/TEA/Asperger poden facer saídas terapeúticas

As persoas con discapacidade, que teñan alteracións conducturais, como por exemplo, persoas con diagnóstico de espectro autista e condutas disruptivas, ás cales se lles puidese agravar a súa situación polo confinamento derivado da declaración do estado de alarma , poden circular polas vías de uso público na compañía doutra persoa.

REQUISITOS:

O acompañante debe levar durante ditas saídas Informe dun facultativo onde se recolla a necesidadede realizar ditos paseos.

Para a obtención do devandito informa solicitarase unha cita telemática na web do Servizo Galego de Saúde (www.ser​gas.es​) co seu/súa médico/a de cabeceira . Será accesible a través da páxina É-Saúde (https://esaude.sergas.es/EPACI_epaciente/#/home) ou ben remitirase por correo certificado ao enderezo familiar.

RECOMENDACIÓNS:

É recomendable levar tamén o certificado de discapacidade ou prescrición sanitaria ou social.

E RECORDE:

Actividades Valores 6º B

Ola!

Tendo en conta os tempos que estamos a vivir, quero que esta semana leades os textos que aparecen na ficha que tedes mais abaixo para descargar. Unha vez que os leades, o traballo é que escribades exemplos de actos solidarios que se estan a facer nesta situación excepcional que estamos a vivir, e tamén que podemos facer todos nos para axudar a superar esta crise do coronavirus. Como sempre, tedes toda a semana para facelo. Ánimo e coidaros moito. Se tedes algunha dúbida podedes mandarme un e-mail a esta dirección: noemiseijas@edu.xunta.es

 

Coronavirus en pictos

Esta é unha situación excepcional, e para algúns alumnos podelles custar entendela. Para axudarlles, o Centro Aragonés para la Comunicación Aumentativa y Alternativa pon a disposición de todo o mundo na súa aula aberta, explicacións con pictogramas acerca desta enfermidade, e da necesidade de quedar na casa entre outras cousas. 

Aquí vai o link:

http://aulaabierta.arasaac.org/materiales-caa-coronavirus

 

Se tedes algunha dúbida podedes poñervos en contacto con nosco neste e-mail:

noemiseijas@edu.xunta.es

Consellos para pasar estes días de corentena.

Debido a corentena polo coronavirus, debemos quedarnos pechados nas casas pola nosa seguridade e a dos demais. Esta peche pode causar moito estres, polo que aquí os deixo uns consellos para levalo o mellor posible.

#euquedonacasa

#yomequedoencasa

 

Consejos Psicologicos Para Largos Periodos Dentro de Casa by snrdr on Scribd

Bolsas e axudas para alumnos con NEAE 2019-2020

O plazo para solicitar a bolsa remata o día 26 de setembro. Ao igual que en cursos anteriores, a solicitude hai que facela no enderezo web do ministerio de educación:

https://sede.educacion.gob.es/sede/login/inicio.jjsp?idConvocatoria=1233 

Unha vez cuberta a solicitude hai que imprimila e presentala no colexio antes do día 26 de setembro, xunto coa documentación que se pida (copia do DNI…)

 

Distribuir contido

Profesorado

 

 

 

Iniciativa ARCO

Operación cofinanciada pola Unión Europea
Programa Operativo FSE Galicia 2014 - 2020

“Conseguir unha educación de calidade”

 

O FSE inviste no teu futuro