Inicio de sesion

Iniciar sesión: Acceso

AXUDAS PARA LIBROS DE TEXTO E MATERIAL ESCOLAR CURSO 24/25

Bos días!!

Informamos de que xa está publicada a CONVOCATORIA do fondo solidario de libros de texto para solicitar as axudas para adquirir os libros de texto e material escolar.

         ORDE do 7 de maio de 2024 pola que se regula a participación no fondo solidario de libros de texto e se convocan as axudas para adquirir libros de texto e material escolar destinadas ao alumnado matriculado en educación primaria, educación secundaria obrigatoria e educación especial en centros docentes sostidos con fondos públicos para o curso escolar 2024/25.

O prazo de presentación de solicitudes remata o DÍA 21 DE XUÑO. As solicitudes fóra de prazo perderán o dereito de participar neste programa.

 

DOCUMENTACIÓN:

    Solicitude e Anexo II (pódense descargar no seguinte enlace, documento so para descarga non intentar cubrir en liña).

https://drive.google.com/file/d/1_gYOqXWuuCb-3ruHriGt3S3mfsNGVk2d/view?usp=drive_link

         FOTOCOPIA do libro de familia onde figure a alumna ou alumno e os demais membros computables da unidade familiar.

         De ser o caso, sentenza xudicial de separación ou divorcio e/ou convenio onde conste a custodia do menor. Para cumplimentar correctamente a instancia en casos específicos revisade ben a orde que vos mandamos no seguinte enlace:

    https://www.xunta.gal/dog/Publicados/2024/20240520/AnuncioG0761-080524-0003_gl.html

Profesorado

 

 

 

Iniciativa ARCO

Operación cofinanciada pola Unión Europea
Programa Operativo FSE Galicia 2014 - 2020

“Conseguir unha educación de calidade”

 

O FSE inviste no teu futuro