Inicio de sesion

Iniciar sesión: Acceso

Blogues

Bolsas e axudas para alumnos con NEAE 2022-2023

Ao igual que en cursos anteriores, a solicitude hai que facela no enderezo web do ministerio de educación:

 

https://sede.educacion.gob.es/sede/login/inicio.jjsp?idConvocatoria=1731 

 

Unha vez cuberta a solicitude hai que imprimila e presentala no colexio, xunto coa documentación que se pida (copia dos DNI, certificado de discapacidad, documentación bancaria...).

O alumnado que vaia a cursar ESO o curso que ven, ten que presentar a solicitude e documentación no Instituto donde vaia a cursar estudos no curso 2022-2023

FONDO SOLIDARIO DE LIBROS DE TEXTO: AXUDAS PARA ADQUIRIR LIBROS DE TEXTO E MATERIAL ESCOLAR CURSO ESCOLAR 2022/23

Publicada a Orde de participación no fondo solidario de libros de texto

Axudas á compra para o alumnado de 1º e 2º de Educación Primaria.

a) Para o alumnado de 1º e 2º de EP: 1º. Renda per cápita familiar igual ou inferior a 6.000 €: 210 €.

b) Renda per cápita familiar superior a 6.000 € e igual ou inferior a 10.000 €: 140 €.

c) Para o alumnado matriculado en EE, en unidades de EE de centros ordinarios, ou cunha discapacidade igual ou superior ao 65 %, a contía das axudas será de 275 €, con independencia da renda per cápita da unidade familiar.

d) Para o alumnado en situación de garda ou tutela da Xunta de Galicia, o importe da axuda será de 210 € con independencia da renda per cápita da unidade familiar.

 

ADMITIDO TODO O ALUMNADO QUE PRESENTOU SOLICITUDE

Iformamos a todos os responsables que fixeron solicitude de admision para o vindeiro curso 2022-23 que todo o alumnado foi admitido.

Adaptacion Concrecion Curricular CEIP Manuel Cordo Boullosa

 

Como consecuencia da entrada en vigor da Orde do 25 de xaneiro de 2022, pola que se actualiza a normativa de avaliación nas ensinanzas de educación primaria, de educación secundaria obrigatoria e de bacharelato no sistema educativo de Galicia, cómpre actualizar os seguintes aspectos da Concreción Curricular para o terceiro trimestre do presente curso

 


ABERTO PRAZO DE MATRÍCULA

Informamos de que xa está aberto o prazo de matrícula para o vindeiro curso 22/23, a instancia pode descargarse dende aquí ou ben recollela no centro.

O prazo de matrícula será do 1 ao 21 de marzo ambos incluídos.

Horarios para a entrada escalonada o día 9 de setembro

Horarios para a entrada escalonada do día 9

 

EDUCACIÓN PRIMARIA

 

6°.  9:00

5º.  9:15

4º.  9:30

3º.  9:45

2º.  10:00

1º.  10:15

 

EDUCACIÓN INFANTIL

 

6°E.I. (5 ANOS) 10:30

5°E.I (4 ANOS). 10:45

4°E.I (3 ANOS)  11:00

Bolsas e axudas para alumnos con NEAE 2021-2022

 

O plazo para solicitar a bolsa remata o día 30 de setembro. Ao igual que en cursos anteriores, a solicitude hai que facela no enderezo web do ministerio de educación:

 

https://sede.educacion.gob.es/sede/login/inicio.jjsp?idConvocatoria=1554

 

Unha vez cuberta a solicitude hai que imprimila e presentala no colexio antes do día 30 de setembro, xunto coa documentación que se pida (copia do DNI…)

 

En calqueira caso se tedes calqueira dubida podedes acudir ao Departamento de Orientación do cole a partir do día 1 de setembro, onde tentaremos axudarvos no que sexa posible

Listado de Libros para o curso 2021-22

No arquivo adxunto aparece o listado de Libros para o curso 2021-22

SOLICITUDES PRAZAS COMEDOR ESCOLAR 2021-22

SOLICITUDES COMEDOR ESCOLAR CURSO 2021-22

Estimados pais e nais:

Ábrese o prazo para solicitar o uso do comedor escolar para o vindeiro curso 2021-22. O uso do servizo, de conformidade co disposto no artigo 13 do Decreto 132/2013 dará lugar ao aboamento dunhas tarifas.

Estas tarifas van a estar en función da Renda per cápita da unidade familiar, e poden ser os seguintes:

0 € (gratuíto)renda anual neta per cápita menor ou igual a 7.000 €

1 € por día    renda anual neta per cápita de 7.000,01 a 8.000 € ou familias de 3 ou mais alum@s do centro e renta per cápita superior a 7.000,01

2,50 € por día renda anual neta per cápita de 8.000,01 a 9.000 €

Distribuir contido

Profesorado

 

 

 

Iniciativa ARCO

Operación cofinanciada pola Unión Europea
Programa Operativo FSE Galicia 2014 - 2020

“Conseguir unha educación de calidade”

 

O FSE inviste no teu futuro