LISTAXES DEFINITIVAS FONDO DE LIBROS 21-22
Estimadas familias
Publicada no taboleiro de anuncios do centro a listaxe definitiva do fondo de libros.
Un saúdo
LISTAXES PROVISIONAIS FONDO DE LIBROS 21-22
Estimadas familias
Xa podedes consultar no taboleiro do centro ou chamando ao teléfono 886151430 as listas provisionais do fondo solidario de libros de texto e as axudas para adquirir libros de texto e material escolar para o curso escolar 2021/22.
Prazo reclamación lista provisional: 2 días seguintes a esta publicación
A listaxe definitiva publicarase nos vindeiros días (antes do 20 de xullo)
A dirección
Listaxe libros de texto curso 2021/2022
Estimadas familias,
A continuación deixámoslles a listaxe de libros de texto de cada etapa e niveis para o vindeiro curso 2021/2022.
Un saúdo.
Menú martes 22 de xuño
Estimadas familias,
Deixámoslles para que poidan consultar o menú do martes 22 de xuño do alumnado do servizo de comedor.
Un saúdo.
Formalización Matrícula 2021-22
Estimadas familias,
Infórmase de que o próximo día 20 de xuño comeza o prazo para a formalización da matrícula para o vindeiro curso 2021-22.
O prazo de formalización da matrícula será do 20 ao 30 de xuño.
A documentación que deberán achegar para formalizar a matrícula é a seguinte:
- Anexo III (adxúntase ao final da publicación).
- Informe médico (alerxias, intolerancias, …).
- Fotocopia do libro de familia.
- Fotocopia do DNI dos proxenitores e do alumno/a (no caso de telo).
- Fotocopia da tarxeta sanitaria.
- Dúas fotografías tamaño carné.
- Volante de empadroamento conxunto no que aparezan todos os membros da unidade familiar que convivan no domicilio do alumno/a.
Estes impresos deberán entregalos na secretaría do centro, no horario establecido para a atención ao público que poden consultar na páxina web do centro.
Por último, precisarlles que a documentación xa entregada non é necesario entregala de novo.
Un saúdo.
Axudas municipais para adquisición de libros de texto e material escolar (Curso 2021-2022)
Estimadas familias,
A Concellaría de Servizos Sociais do Concello do Grove informa que a partir do día 1 de xuño e ata o 30 do mesmo mes estará aberto o prazo de presentación das solicitudes de axudas municipais para a adquisición de libros e material escolar do vindeiro curso 2021-2022.
As axudas van dirixidas a Educación Infantil, Ensinanza Primaria e Ensinanza Secundaria Obrigatoria.
As axudas concederanse tendo en conta o nivel de ingresos familiares, e será requisito imprescindible cursar estudos en centros sostidos con fondos públicos do concello do Grove.
As solicitudes presentaranse acompañadas da seguinte documentación:
- Fotocopia do DNI do solicitante.
- Fotocopia do libro de familia (de todas as follas).
- Volante de empadroamento familiar
- Xustificante de ingresos de todos os membros da unidade de convivencia (preferentemente
declaración da renda do exercicio de 2020).
- Xustificante de matrícula.
- Contrato/recibo do aluguer do piso ou do pagamento da hipoteca
A documentación deberá entregarse no SERVIZO de REXISTRO MUNICIPAL
(Edificio Administrativo do Concello. Rúa Alcalde Xacobe Barral Otero no 3, planta baixa).
NOTA INFORMATIVA PARA AS FAMILIAS DOS CENTROS EDUCATIVOS DE O GROVE
Un saúdo.
Orde do 6 de maio de 2021 que regula a participación no fondo solidario de libros de texto e se convocan axudas para adquirir libros de texto e material escolar destinadas ao alumnado matriculado en EP, ESO e educación especial para o curso escolar 21/22
Estimadas familias,
No día de hoxe, 20 de maio de 2021, saíu publicada no Diario Oficial de Galicia a a Orde do 6 de maio de 2021 pola que se regula a participación no fondo solidario de libros de texto e se convocan axudas para adquirir libros de texto e material escolar destinadas ao alumnado matriculado en educación primaria, educación secundaria obrigatoria e educación especial en centros docentes sostidos con fondos públicos para o curso escolar 2021/2022.
O prazo para presentar as solicitudes iniciarase o día 21 de maio de 2021 e rematará o día 22 de xuño de 2021 (este incluído).
Lugar de presentación: na secretaría do centro ou por vía electrónica empregando os formularios normalizados dispoñibles na aplicación Fondolibros (https://www.edu.xunta.es/fondolibros) a través da sede electrónica da Xunta de Galica (https://sede.xunta.gal)
Poden revisar os horarios de atención ao público da secretaría do centro na páxina web.
Quedamos á súa disposición para o que precisen no 886151430.
Un saúdo.
A continuación deixámoslles os seguintes enlaces:
Orde que regula a convocatoria
Menú Letras Galegas - Venres 14 maio
Estimadas familias,
Deixámoslles por se é do seu interese consultar a través da páxina web do centro, a maiores do que xa se lles achegou, o menú das Letras Galegas do venres 14 maio do alumnado do servizo de comedor.
Menú Letras Galegas - Venres 14 de maio
Un saúdo.
LISTAXE DEFINITIVA ALUMNADO DO PROCESO DE ADMISIÓN 2021-2022
Estimadas familias,
Publicadas as listaxes definitivas de alumnado. Admisión curso 2021-2022.
As listaxes poderán consultarse da seguinte forma:
PRESENCIAL: única e exclusivamente no taboleiro de anuncios situado no interior do edificio escolar.
NON PRESENCIAL: única e exclusivamente a través da aplicación admisionalumnado empregando a CHAVE365 ou certificado dixital.
Vía telefónica: 886151430.
Lembarlles que o prazo de formalización da matrícula é entre o 20 e o 30 de xuño.
Un saúdo.
LISTAXE PROVISIONAL ALUMNADO DO PROCESO DE ADMISIÓN 2021-2022
Estimadas familias,
Publicadas as listaxes provisionais de alumnado. Admisión curso 2021-2022.
Todas as solicitudes presentadas no proceso de admisión 2021-2022 foron admitidas.
As listaxes poderán consultarse da seguinte forma:
PRESENCIAL: única e exclusivamente no taboleiro de anuncios situado no interior do edificio escolar.
NON PRESENCIAL: única e exclusivamente a través da aplicación admisionalumnado empregando a CHAVE365 ou certificado dixital.
Vía telefónica: 886151430.
Lembarlles que o prazo de formalización da matrícula é entre o 20 e o 30 de xuño.
Un saúdo.
- « primeira
- ‹ anterior
- …
- 3
- 4
- 5
- 6
- 7
- 8
- 9
- 10
- 11
- …
- seguinte ›
- última »