try another color:
try another fontsize: 60% 70% 80% 90%
CEIP Condesa de Fenosa

Apertura do prazo para a solicitude de Axudas do Concello

Acábase de publicar do BOP de Ourense, a convocatoria do Concello do Barco de axudas  para a adquisición de libros de texto e material escolar no segundo ciclo da educación infantil.
A documentación necesaria é a seguinte:

  • Anexo I solicitude normalizada
  • Anexo II Modelo de Declaración responsable
  • Copia DNI/NIE de tódolos membros computables da unidade familiar maiores de 14 anos.
  • Volante de empadroamento colectivo.
  • Certificado de matrícula do curso 2022/2023 (emitido dende o colexio)
  • No caso de separación, divorcio, cese de convivencia ou non covivencia dos pais: copia da sentencia ou convenio regulador.
  • No caso de acollemento familiar do menor por resolución administrativa ou auto xudicial: copia do certificado do organismo competente.
  • Declaración de renda do ano 2020 ou certificado de imputación de rendas correspondente ao exercicio 2020. No caso de non realizar declaración de renda, solicitar xustificación en Hacienda

Os requisitos que se deben cumprir para acceder a estas axudas (ver documento oficial do Concello) son resumidos os seguintes:

  • Estar matriculado nun centro docente do Concello do Barco no segundo ciclo de Educación Infantil (3,4,5 anos) para o curso 2022-2023 .
  • Que os/as alumnos/as como ambos proxenitores ou representantes legais estean empadroados/as e teñan residencia efectiva Concello do Barco de Valdeorras (salvo casos de separación ou divorcio ou custodia compartida)
  • Que a renda familiar sexa inferior a 18.000 euros anuais/netos ou superando esa cantidade non exceda a Renda Per Capita(R.P.C) da unidade familiar de 4.030 euros.
  • Non ter recibidas nin solicitadas outras axudas polo mesmo concepto, e cumplir os requisitos durante o procedemento

Achegamos nesta notificación todos os documentos necesarios para realizar a solicitude.
Un saúdo