Reformas na Biblioteca

Este ano aínda non puidemos abrir a biblioteca, e é algo que nos ten bastante atristurados, pero é que andamos de reformas, unhas reformas moi importantes.

Cando cheguemos á Biblio seguro que, á vista do ben que está a quedar, daremos por bo este pequeno retraso na apertura.

Hai moitas novidades, que xa vos iremos comentando, e que iredes vendo, pero mentras tanto, e para que vos vaiades facendo unha idea, velaí unha fotorreportaxe dos traballos que levamos feito durante o verán e este comezo de outono.