Portada

 

CURSO 2021-22 

CALENDARIO ESCOLAR  

Benvidos ao  Novo Curso

A actividade lectiva do alumnado de Educ. Infantil e Primaria comenzará o xoves día 9 ( agás o alumnado de 3 anos  no periodo de adaptación que comenzán o día 10) 

 

 

 TEXTOS E MATERIAL ESCOLAR   

 

 

Para calquera consulta poderán enviar  correo a: ceip.concepcion.arenal@edu.xunta.es

Tlfos. do centro: 881880066 / 881880064

Páxina web : http://www.edu.xunta.es/centros/ceipconcepcionarenal/

Entrega de vales para a adquisición de libros de texto e material: poderán recollerse a partires do día 1 de setembro na conserxería do centro en horario de 9:30 a 13:30 horas

Entrega libros de texto do fondo solidario  ao alumnado  de 3º  a 6º de EP: en setembro. Comunicarase a través da web e/ou abalarmóbil.

 

EDUC. INFANTIL  3 ANOS PERIODO DE ADAPTACIÓN 

 A entrega (Porta Castro Chané) e recollida (Porta principal)   CUN SÓ PROXENITOR.*

               GRUPO A 

            1ª quenda: de 9,30 a 11,05 h.   ( os 13 primeiros alumnos/as)

            2ª quenda entrada porta principal. Saída Castro Chané : de 12.10 a 13,40 h. (os 12 últimos alumnos/as)

        GRUPO B 

           1ª quenda: de 9,30 a 11,00 h.   ( os 13 primeiros alumnos/as)

           2ª quenda entrada porta principal. Saída Castro Chané: de 12,10 a 13,35 h. (os 12 últimos alumnos/as ) 

     *A composición das quendas están expostas no taboleiro de anuncios do Colexio  desde os primeiros días de setembro.                              

 Os dous últimos días do período de adaptación (20 e 21 de setembro) A entrega  terán  unha  única quenda con horario de:

 A entrega e recollida (Porta Castro Chané):

            GRUPO A: de 10.05 a 13.45

            GRUPO B: de 10.05 a 13.45 

 

 TODO O CENTRO

HORARIOS DE ENTRADAS E SAÍDAS:

Educación Infantil ( Portón da Rúa  Castro Chané) 

A entrega e recollida farase CUN SÓ PROXENITOR. OBLIGATORIA DISTANCIA SOCIAL E MÁSCARA.

Entrada: 9:15 h

Saída: 13:45 h

Educación Primaria 1º e 2º ( Portón da Rúa  Castro Chané)

OS PAIS/NAIS NON PODERÁN ENTRAR NO RECINTO ESCOLAR. 

Entrada: 9:00 h

Saída: 13:55 h

Educación Primaria 3º e 4º ( Portón da Rúa  Perpetuo Socorro)

OS PAIS/NAIS NON PODERÁN ENTRAR NO RECINTO ESCOLAR.

Entrada: 9:05 h

Saída: 14:00 h

Educ Primaria 5º e 6º ( Portón da Rúa  Perpetuo Socorro):

OS PAIS/NAIS NON PODERÁN ENTRAR NO RECINTO ESCOLAR.

Entrada: 8:55 h

Saída: 13:50 h

   IMPORTANTE:

-  En ningún momento durante este curso, nas entradas e saídas do alumnado, se abrirá o portón  verde que divide  os patios, por donde transitaban as familias dun patio a outro.

(PROTOCOLO COVID)

 ALUMNADO QUE CHEGUE TARDE A SÚA QUENDA DE ENTRADA:

- Todo o alumnado que non chegue no horario da súa quenda, deberá acercarse cun só proxenitor á entrada principal  do colexio, e esperar a que todo o alumnado finalice a entrada. Posteriormente,  e despois das 9:15 h.  será recollido  pola porta principal polo prof. responsable. ( Distancia social e máscara -PROTOCOLO COVID)

 Estamos a traballar en  beneficio do noso alumnado, seguros  de que entre todos  podemos conseguilo.

Un saúdo

O Equipo  directivo.                                                                                                                                            

 

 

 

    

 

 

 

 

 

 

 

 

 

 

 

 

 

 

 

 

 

"Revista Catro Camiños 2021"

 

 

 

 

  

 

 

 

                                        CURSO 20-21

DOCUMENTOS COVID 19 (actualizados):

  PLAN DE ADAPTACION A SITUACION COVID 

  PLAN DE ACOLLIDA CURSO 2020-2021

  PLAN DE ENSINO  VIRTUAL

  PLAN DE CONTINXENCIA  MARZO 2021

  ENQUISA DE AUTOAVALIACION DIARIA 

 PROTOCOLO COVID  DE COMEDOR ESCOLAR 16/09/2020

 CARTA AS FAMILIAS EN CASO DE POSITIVOS NO CENTRO 

 GUIA DE VOLTA SEGURA AO COLEXIO 

 

OS NOVOS AGRUPAMENTOS PARA O CURSO 2020-21

 

 

 

 

 

AVISO  FONDO LIBROS  E MATERIAL : Están expostas no taboleiro do colexio  as listaxes definitivas. Este curso non serán subidas a esta web por normativa de proteccion de datos.

Calquera consulta que se queira realizar, deberá facerse por correo electrónico: ceip.concepcion.arenal@edu.xunta.es,  e será solucionada na medida do posible. 

A partires do 1 de setembro poderán recoller  na Conserxería  os vales de material e textos. 

 

 

 

#EUQUEDONACASA

 

 

RECOMENDACIÓNS DO CEIP PLURILINGÜE CONCEPCIÓN ARENAL DURANTE O ESTADO DE ALARMA

 

O RealDecreto 463/2020 para a xestión da situación de crise sanitaria, establece no seu artigo 9 a suspensión da actividade educativa presencial e, a súa vez, o mantemento das actividades educativas a distancia e «on line» sempre que resulte posíbel.

 

En consecuencia, e de cara ás familias que poidan —pois somos conscientes de que moitos dos proxenitores do noso alumnado continúan coa súa actividade laboral ou, incluso, teñen máis carga de traballo ao desenvolver tarefas esenciais para a cidadanía— establecemos unha serie de recomendacións e propoñemos algunhas actividades que, en ningún caso serán de obrigado cumprimento ou obxecto de avaliación.

 

 

 

1. O alumnado dedicará diariamente parte do seu tempo de traballo escolar á lectura. Este tempo complementarase coa realización de debuxos sobre o lido, resumos, valoracións e comentarios críticos, invención de historias que continúan o argumento principal pero chegan a diferentes desenlaces, etc. Poden combinar a produción escrita con outras ferramentas máis motivadoras como a realización de gravacións de son ou vídeo.

 

2. O alumnado realizará actividades de repaso co material que teña a súa disposición no fogar. Este repaso será preferentemente nas áreas instrumentais, isto é: Matemáticas, Lingua castelá, Lingua galega e Lingua inglesa.

 

3. O alumnado poderá acceder a algún dos seguintes enlaces, neles atopará diferentes actividades de repaso que pode realizar. (NOTA: varios destes enlaces son cortesía de diversas editoriais educativas, agradecemos enormemente a súa colaboración; outros están elaborados polo profesorado; e outros son páxinas externas que, polo xeral, conteñen publicidade, mais poden resultar de utilidade.)

 

 

 NOTA SOBRE A ADAPTACIÓN DAS PROGRAMACIÓNS ESCOLARES: Seguindo instrucións das autoridades educativas o profesorado do Colexio procedeu a realizar as adaptacións das Programacións segundo o criterio establecido. Quen desexe consultar esas adaptacións pode facelo no seguinte ENLACE.

 

 

 

 Recursos xenéricos:

 

Matemáticas:

MathBingo

Xogos

Cálculo

Tangram

 

Xerais:

Matemáticas

Mundo Primaria

 

Linguas:

Revista ¡Al Abordaje! - SM

Hemeroteca

Contos

«Muy Interesante»

 

EOE A CORUÑA

 

 

 

 

                            

 

 

 

 AGRADECEMENTO

A Comunidade Educativa do CEIP Plurilingüe Concepción Arenal quere agradecer a todas as persoas participantes no evento "POSTAIS SOLIDARIAS" a súa colaboración e compromiso nesta iniciativa. Foron recollidos e doados ao BANCO de ALIMENTOS un total de 519.6 kg.

Moitas grazas pola vosa solidariedade.

 

 

  

 

 

 

"Revista Catro Camiños 2021"

 

 
AdxuntoTamaño
Orde DOG Venres, 4 de xuño de 2021.pdf379.99 KB