Hola

Benvidos á nosa aula virtual de 4ºB.

Desexo que nesta nova aventura que imos a comenzar, poidamos desfrutar un montón tod@s xunt@s e aprender moitísimas cousas. Pasiño a pasiño e cargad@s de ilusión  chegaremos moi lonxe.

Xunt@s conseguirémolo.

 Anímaste!


É un curso dirixido ao alumnado de cuarto de Primaria coa finalidade de fomentar a creatividade á hora de escribir.Para o que empregaremos diferentes dinámicas para desenvolver a súa creatividade así como xogos de creatividade e innovación.Para o noso alumnado, resulta moi natural elaborar historias deixándose levar a través da súa imaxinación.

O que lle facilitará cando sean adultos, a resolver problemas e a enfrentarse dun modo máis audaz coa realidade que lles rodea.