Iniciar sesión: Accede co teu contrasinal
       

(2022-2023) Outubro xa chegou, e isto é o que estivemos a argallar en EI1!

Ola! Xa estamos de volta cunha nova publicación no blog de EI1 para contarvos un pouquiño máis sobre as actividades que fixemos en outubro.

Como parte da nosa rutina, fixemos as actividades sorpresa do calendario que elaboramos día a día. Como parte das mesmas, este mes chamamos por teléfono, clasificamos e contamos bombillas de cores, construímos os nosos propios edificios, xogamos con trenes e con peixes...

Tamén chegamos moi moi sucios a casa porque estivemos axudando a pintar no colexio. Ao lado da pista de baloncesto estamos facendo un mural cunha paisaxe de montaña, e como nos gusta moito mancharnos de pintura de pes a cabeza, ofrecémonos en seguida a pintar unha parte.

Pero non só pintamos fóra da aula, pintamos dentro. Cun bote de témperas, caixas de cartón e vasos; fixemos unha chea de cícrculos para decorar o material de almacenaxe. Ademais, tamén decoramos as letras para o mural onde diariamente poñemos os puntos por traer merendas saudables ao colexio.

Pero como mancharnos de pintura non nos chegou, tamén trasteamos moito con plastilina. Aprendimos diferentes formas de manipulala, pero ademais, tamén a usamos para escribir, facendo o noso nome poñendo en práctica as técnicas aprendidas.

Continuamos tamén co traballo de conciencia fonémica, silábica e léxica; e como novidade, empezamos a traballar cos nosos tapóns das letras. Con estes tapóns fixemos de todo, dende crear sílabas ata inventar palabras tan difíciles que nin o profe era capaz de pronunciar.

Celebramos os cumples de Eloy e Xose, un momento que todos e todas levaban agardando dende o día 1 do mes. Como xa sabedes, fixemos unha tarta todos xuntos e tamén os agasallos para os nosos compañeiros; deixando todo preparado para a gran festa que celebramos despois.

E por último, pero non menos importante, este mes implantamos unha nova rutina na nosa clase: a contrasinal. Todos os días o encargado ou encargada, escolle unha contrasinal tendo en conta cal e a letra da semana, e no caso de ser unha consoante, combinandoa coas distintas vogais que xa coñecemos.

E con isto pechamos a entrada do blog deste mes. Recordade que as fotos que publicamos aquí son só algunhas de todas as que temos, se queredes ver máis, as tedes subidas na galería fotográfica do colexio.

Ata a próxima publicación!

Acceso rápido

Punto Laranxa contra o acoso escolar

Formación do profesorado

Proxectos T.I.C. do centro

Eleccións ó Consello Escolar

Eleccións ó Consello Escolar
Infomación do proceso

Usuarios conectados

Agora mesmo hai 0 usuarios e 0 invitados conectados.