Iniciar sesión: Accede co teu contrasinal
       

(2019-2020) Celebramos o Entroido: Obradoiro de disfraces coas familias, desfilamos como tractores e seguimos as instrucións do Meco

Co comezo da semana do Entroido e durante toda ela o Meco foi dándonos instrucións do que había qu traer posto ó día seguinte.

Cada día visitabámolo para ler o cartel que tiña posto, e anotar nunha nota o que había que traer ó día seguinte.

 

O luns unha palabra no peito, o martes un utensilio de cociña colgado, o mércore botas e o xoves unha hortaliza na cabeza

 

Ó final da semana tiñamos que traer todo xunto.

Fomos completando, cada día, a folla das instrucións pegando unha fotografía cos disfraces e escribindo debaixo dela unha palabra representativa do mesmo. 

Como este ano iríamos difrazados de tractores, posto que o tema do colexio era "ECO-BIO-SAN" e a alimentación, tivemos que deseñar o noso disfraz para facer no obradoiro coas familias.

O primeiro foi preparar cadansúa caixa e pintalas de amarelo.

 

Coas caixas xa rematadas tivemos que ir elaborando as instrucións, paso a paso para crear o disfraz de tractor, fotografiando cada paso.

 

Entre todos e todas acodamos que escribir en cada un dos pasos, de xeito que fose claro e concreto, polo que tivemos facer varios borradores ata que tivemos unhas instrucións que nos convencían.

 

Pegamos as fotografías ordenadas segundo os pasos das instrucións, e logo escribimos ó lado de cada unha o que había que facer en cada caso.

 

O día obradoiro, antes de que chegasen as familias organizamos as mesas e todo o material, para comprobar que estivese no lugar que lle corresondía e que non faltase nada.

 

Xa tiñamos todo listo para que viñeran as familias a traballar connosco no obradoiro de disraces, tan só había que agardar a que viñesen.

Na hora acorda, en cada unha das dúas quendas organizadas as nosas familias (pais, nais e irmáns), viñeron a axudarnos a facer o disfraz. Fomos explicándolle cada un dos pasos que había que seguir, coa axuda das instrucións que elaboraramos.

Xa estaban os difraces listos para o día do desfile...

 

Cando chegou o gran día do desfile, miramos no noso mapa interactivo ó recorrido que teríamos que facer polas rúas do concello, idenficiando o lugares coñecidos e orientándonos no espazo. Podes atopalo no recanto de infantil no apartado "mapas".

Durante o recreo, antes do desfile, recibimos a visita dos compañeiros e compañeiras da "Galiña azul", que tamén viñan disfrazados.

Antes de marchar tamén organizamos os postres que trouxeran as nosas familias, que degustaríamos cando rematase o desfile. Evidentemente tamén os probamos antes, para "comprobar a calidade" ;)

 

 

Xa estaba todo listo para comezar o desfile, como sempre unah foto de grupo antes de comezar. Os tractores xa tiñan os motores preparados para arrancar.

 

Fomos percorrendo as rúas do concello xunto co resto de compañeiros e compañeiras do colexio.

 

De camiño, visitamos ós compañeiros e compañeriras da "Galiña Azul".

 

E continuamos o percorrido do desfile saudando a todo o mundo que estaba polas rúas.

 

Rematado o percorrido voltamos ó colexio...

 

... onde nos estaban a agardar os postres que compartimos coas nosas familias.

Se queres ver o desfile completo polas rúas do concello, podes facelo de seguido neste vídeo:

Acceso rápido

Punto Laranxa contra o acoso escolar

Formación do profesorado

Proxectos T.I.C. do centro

Eleccións ó Consello Escolar

Eleccións ó Consello Escolar
Infomación do proceso

Usuarios conectados

Agora mesmo hai 0 usuarios e 0 invitados conectados.