Iniciar sesión: Accede co teu contrasinal
       

(2019-2020) Chega o Nadal: decoramos o corredor, cociñamos turrón e enviamos unhas postais ás nosas casas

Cando chegou o mes de decembro anotamos nos nosos calendarios online que, antes de rematar o trimestre, tería lugar o Festival de Nadal. 

Revisando as publicacións do curso pasado contámoslle ós novos compañeiros e compañeiras todo o que fixemos, así que chegou o momento de dedicir como iamos decorar o noso corredor.

Decidimos facer unha árbore de Nadal feita de tapóns, para o que tivemos que escribir unha nota pedíndoos ás nosas familias.

 

 

Con todos os que xuntamos fomos construíndo a nosa árbore xigante de Nadal, todo feito de tapóns, que logo entregaremos a unha ONG para que poida usalos para fins sociais.

 

 

Ó longo dos días, traballando todos xuntos, demos rematada a árbore ata que quedou así de fantástica.

 

 

Cada un dos equipos cooperativos das dúas aulas decidiu como quería facer o seu "adorno xigante para o corredor".

  

 

Creamos tamén cintas feitas de tapóns, para pendurar do teito xunto ós nosos adornos xigantes. 

 

 

Escribimos un cartel que desexaba un BO NADAL a todos os que entrasen no corredor de infantil. 

 

 

E así de xenial quedou o noso corredor con tódolos nosos adornos listos. Ata o dinosaurio acabou tendo espírito navideño.

 

Participamos coas nosas fotos nas árbores que estaban na entrada do centro.

 

Podes ver tódalas nosas fotos desde aquí.

Fotografías individuais para as árbores de Nadal 

 

Creamos as nosas postais de Nadal, escollendo entre os dous modelos posibles... unha vez rematada envaríamola ás nosas casas por correo.

 

 

Cada quen foi elaborando a súa postal seguindo os pasos precisos, incluíndo a mesma foto que usaramos para a árbore da entrada, para poñer no seu interior.

 

Tan só quedaba preparar o sobre, pegándolle un sello o enderezo da casa de cada un e o enderezo do colexio como remitente, na parte de atrás.

  

 

Con todo listo fómolas meter no buzón de correos que hai preto do colexio... tan só quedaba agardar a que as recibiramos nas nosas casas.

 

 

Aproveitamos a visita para mirar os adornos de Nadal que había preto de alí, no Concello.

 

 

Non nos esquencemos de cociñar e probar diferentes "sabores do mundo", nesta ocasión fixemos turrón duro e turrón brando, seguindo os pasos dunha receita. 

 

Tivemos que deixalo "endurecer" durante uns días...

 

 

... e finalmente puidemos probalos.

 

Pero ademais de todo isto, tamén participamos no Festival de Nadal cunhas actuacións e puidemos falar con Santa Claus nunha vídeoconferencia. Podes leelo de seguido:

(2019-2020) Falamos con Santa Claus e participamos no festival de Nadal con dúas actuacións. Xa podes velas!

 

Acceso rápido

Punto Laranxa contra o acoso escolar

Formación do profesorado

Proxectos T.I.C. do centro

Eleccións ó Consello Escolar

Eleccións ó Consello Escolar
Infomación do proceso

Usuarios conectados

Agora mesmo hai 0 usuarios e 0 invitados conectados.