Iniciar sesión: Accede co teu contrasinal
       

(2019-2020) Magosto 2019

Como tódolo anos por estas datas, xuntámonos todo o centro para conmemorar unha das celebracións máis fermosas da cultura e da tradición galega: O magosto. 

Despois de pospoñer a celebración do Magosto varias semanas por culpa do mal tempo, decidimos celebralo o pasado mércores 27 de novembro. A pesar de que non é o mesmo ca celebralo nun entorno excepcional como pode ser a área recreativa de San Antonio de Penalba, a xornada levada a cabo no centro resultou igual de divertida.

Ao longo da semana, o alumnado foi traendo candanseu puñado de castañas picadas e unha pouca leña para o asado e posterior degustación deste manxar tan esperado. Para gañarse un rico cono de castañas, os nenos e nenas do centro participaron nunha xornada de xogos populares e tradicionais coordinados polos alumnos/as de 6º. Mentres algúns compañeiros/as se encargaban de asar as castañas, os demais dedicámonos a xogar. Os xogos nos que participamos foron: a carreira de sacos, o pano, o aro-guía, lanzamento de aros, o xogo da culler, a soga-tira...,e como non, o divertido "come-castañas".

Velaí unhas cantas fotos da xornada de xogos populares.

Carreira de sacos/canguros para os de infantil. Aroa foi a encargada de dirixir e animar aos pequenos saltamontes!

 

Logo intentamos meter o aro no cono. Máis preto para os de infantil e máis lonxe para os nenos/as de primaria. Neste caso, Sara foi a coordinadora do equipo de infantil 2. 

 

 

 

 

No xogo da soga-tira había que deixar tódalas forzas!. Aitana encargouse de repartir aos forzudos e forzudas para que fose equilibrado.

Yaiza encargouse de cantar os números para que os nenos/as correran a polo pano!

 

Eva e Carla explicáronlles aos nenos e nenas de infantil como guiar o aro. Menuda habilidade teñen!

 

 

 

 

 

 

 

O xogo da culler e a castaña nunca defrauda!

 

 

 

 

 

Todos estaban esperando chegar ao "come-castañas". Diego encargouse de que as castañas foran por dentro!

 

Tras esta intensa xornada de xogos, tocaba degustar unhas ricas castañas para repoñer forzas.

Para o ano repetimos!

Acceso rápido

Punto Laranxa contra o acoso escolar

Formación do profesorado

Proxectos T.I.C. do centro

Eleccións ó Consello Escolar

Eleccións ó Consello Escolar
Infomación do proceso

Usuarios conectados

Agora mesmo hai 0 usuarios e 0 invitados conectados.