Iniciar sesión: Accede co teu contrasinal
       

Blog da biblioteca

(2020-2021) ECO-BIO-SAN 2.0 - En infantil, rematados os coidados, recollemos as leitugas no invernadoiro

Ó longo das últimas semanas do trimestre, os compañeiros e compañeiras de Educación Infantil, continuamos a coidar as leitugas que tiñamos plantadas no invernadoiro.

 

Fomos observando como, grazas ós nosos coidados, pouco a pouco comezaban a facerse máis grandes. 

 

   

Fomos anotando as nosas observacións sobre o crecemento das leitugas, no caderno de campo.

  

Ademais de regalas, tamén tivermos que ir quitando as "malas herbas" que ían aparecendo, para que deixaran medrar ás leitugas. 

   

E por suposto, tamén tivemos que regalas de modo habitual, ata que medraron o suficiente para poder recollelas.

   

Antes de marchar de vacacións de Semana Santa, recollimos as nosas leitugas que xa estaban moi grandes.

 

   

Cada un de nós levou parte dunha leituga, para poder ensinala nas nosas casas.

Foi unha colleita fantástica!

      

Á volta das vacacións, os de infantil, sementaremos algo novo noso invernadoiro.

Podes ver como imos completando o noso caderno de campo de seguido:  

Fai click sobre a seguinte imaxe para velo.

   

Podes ver as entradas previas sobre o noso traballo no invernadorio nas seguintes entradas:

22/01/21: (2020-2021) ECO-BIO-SAN 2.0: Os de infantil plantamos e coidamos tres tipos de leitugas no invernadoiro do colexio

22/01/21: (2020-2021) ECO-BIO-SAN 2.0: En infantil ademais de coidar as leitugas do invernadorio, investigamos sobre elas para crear un libro

   

  

(2020-2021) ECO-BIO-SAN 2.0 - Descarga o modelo para escribir a túa receita saudable.

Podes descargar, de seguido, a modelo en formato pdf para que escribas a túa receita.

Para escribir sobre ela directamente podes empregar o programa "Xornal++".

Entrega as túas receitas no colexio á volta de Semana Santa.

(2020-2021) ECO-BIO-SAN 2.0 - RECEITAS SAUDABLES PARA OS RECREOS

RECEITAS SAUDABLES PARA OS RECREOS

MES DE MARZO:

  • COOKIES DE AVENA
  • BISCOITO DE IOGUR
  • MADALENAS DE LIMÓN E AMÉNDOAS

MES DE ABRIL:

  • NOCILLA-NUTELLA SAUDABLE
  • BISCOITO DE PLÁTANO
  • BROWNIE SAUDABLE

MES DE MAIO:

  • KIT KAT CASEIRO (1ª semana)
  • PANINI CASEIRO (2ª semana)
  • PATÉ DE MEXILLÓN E ATÚN (3ª semana)
  • TORTIÑAS (3º semana)

MES DE XUÑO:

  • Repetir as receitas anteriores que queiramos (todo o mes)

(2020-2021) Creamos este vídeo-poema polo Día de Rosalía de Castro. Queres velo?

Para celebrar o Día de Rosalía de Castro, tódolos nenos e nenas do colexio particpamos na creación deste "vídeo-poema"; no que recitamos unha das súas obras máis coñecidas.

Podes velo de seguido.

(2020-2021) Celebramos un Entroido... de conto. Xa podes ver o vídeo do noso desfile.

Este curso, por mor da COVID-19, non foi posible celebrar o Entroido co habitual percorrido polas rúas do concello. Así pois, tivemos que celebralo no centro sen a presencia das familias. 

Nesta ocasión cada un dos grupos foi disfrazado dun conto, que previamente traballaron nas aulas:

Educación Infantil: "Capitán Verdemán"

  

1º e 2º de primaria: "O Frautista de Hamelín"

 

 

3º e 4º de primaria: "Alicia no país das marabillas".

 

5º e 6º de primaria: "Peter Pan"

Podes atopar fotografías do desfile e celebración na seguinte galería fotográfiia.

(2020-2021) GALERÍA FOTOGRÁFICA: Celebramos o Entroido

 

Como non puidéstedes ver o ben que o pasamos, e o guapos e guapas que estabamos, aquí tedes un vídeo do desfile.

(2020-2021) Celebramos o Día da Paz, creando unha árbore de desexos e un baile. Queres velo?

Para celebrar o Día da Paz, o luns 1 de febreiro, participamos na elaboración dunha "árbore con raíces e froitas da Paz". 

Pero antes de baixar ó pavillón para "crear a árbore", visionamos nas clases os vídeos que crearon os compañeiros e compañeiras de Educación Infantil, das súas viaxes polo mundo.

Podes ver estes vídeos na seguinte ligazón:

(2020-2021) Viaxamos polo mundo, co noso pasaporte, creando vídeos polo Día da Paz. Queres velos?

 

Xa no pavillón, cada un de nós foi completando a árbore coas froitas da "Paz",  que contiñan unha palabra, que cada quen escolleu para escribir nelas.

  

 

Os compañeiros e compañeiras de 5º e 6º foron os encargados de escribir as palabras nas raices. 

 

Os outros cursos, continuaron enchendo a árbore cos seus "froitos da paz".

  

Así de fantástica quedou a árbore unha vez rematada.

  

Rematada a árbore, chegou o momento de bailar a canción "El mismo sol", que preparara o profe Jose Luis en música.

 

Queres vernos bailar, así de ben o fixemos.

(2020-2021) ECO-BIO-SAN 2.0: En infantil ademais de coidar as leitugas do invernadorio, investigamos sobre elas para crear un libro

Nas primeiras semanas de xaneiro, á volta do Nadal, continuamos a coidar as nosas leitugas no invernadoiro. 

 

Podes atopar máis información na seguinte ligazón:

14/12/20: [Infantil xuntos] (2020-2021) ECO-BIO-SAN: Os de infantil plantamos e coidamos tres tipos de leitugas no invernadoiro do colexio

   

Pero ademais, ó igual que os restantes compañeiros e compañeiras do colexio que participan nesta proposta de Biblioteca Escolar: "ECO-BIO-SAN 2.0"; tamén investigamos sobre as leitugas para descubrir datos moi interesantes.

 

   

Cos datos máis relevantes que descubrimos, e fomos anotando nunha lista, creamos as diferentes páxinas do noso libro.

    

Así quedou o libro de infantil unha vez rematado.

Fai click sobre a seguinte imaxe para velo completo.

   

Varios días á semana imos a regar as nosas leitugas ó invernadoiro, e anotamos no "caderno de campo" como van cambiando a medida que pasa o tempo.

 

 

Ademáis tamán continuamos a usar o composteiro, para conseguir o "compost" que empregaremos en vindeiras plantacións.

 

  

Podes ver o noso caderno de campo de seguido.  

Fai click sobre a seguinte imaxe para velo.



(2020/2021) Recomendacións lectoras e xogos para Nadal

Porque sempre é bo momento para ler!

Pero o Nadal tamén é un bo momento para pedir algún que outro libriño ou xogo de mesa para compartir coa nosa familia!

Aquí van as nosas recomendacións para este Nadal.



Desexámosvos un ano 2021 cheíño de boas lecturas e de moito xogo en familia!!

(2020/2021) Eco, Bio, San 2.0. Plantando no invernadoiro

Co noso proxecto Eco, Bio, San puxemos en marcha o noso invernadoiro, que moitas ganas tiñamos nós de comezar a plantar!! 

Así que puxémonos mans á obra... mellor dito, mans á terra!!

Unha vez tivemos montados os nosos bancais, chegou o momento de botarlles terra e compost...

Cos bancais preparados, só faltaba...

Empezar a plantar!! 

Plantamos distintas variedades de leituga, brécol, distintas variedades de repolo, chícharos e coliflor

Así de feitiña quedou a nosa plantación!

Agora toca coidala e regala.

E esperar a ver como crecen para facer a colleita!

(2020/2021) Novidades!

             N     O     V     I     D     A     D     E     S

Este curso 2020/2021 está cheo de novidades! 

Comezando polas visitas á nosa tan querida biblioteca! Tivemos que organizarnos e fixemos un horario para non xuntarnos e cada día está reservado para unha clase. E como vedes, moitas novidades en libros nos agardan.

Ademais para as familias lectoras imos ter un servizo de préstamo a partir do mes de xaneiro, para que poidan seguir disfrutando dos libros que tiñamos na sección de familias na entrada do cole. E tamén nese mesmo mes arrancarán as nosas mochilas viaxeiras rumbo a todos os fogares! Desfrutádeas!!

E lembrade que este curso repetimos proxecto, xa que o ano pasado quedamos a medias, así que... "Eco, Bio, San 2.0" xa está en marcha!

Distribuir contido

Acceso rápido

Punto Laranxa contra o acoso escolar

Formación do profesorado

Proxectos T.I.C. do centro

Eleccións ó Consello Escolar

Eleccións ó Consello Escolar
Infomación do proceso

Usuarios conectados

Agora mesmo hai 0 usuarios e 0 invitados conectados.