Iniciar sesión: Accede co teu contrasinal
       

Blog da biblioteca

ACTOS DÍA DO LIBRO: II EDICIÓN LECTURAS NA CARBALLEIRA


Ola a tod@s:
A conmemoración do Día do Libro que ten lugar o día 23 de abril todos os anos é unha data sinalada donde as haxa na nosa biblioteca escolar.
Este curso, puxemos en marcha varias actividades, que podedes atopar ó longo das distintas entradas que as comprenden neste blogue.
Agradecemos como sempre a participación das familias, xente do entorno de Campo Lameiro que tamén participa, o Concello, os compañeir@s mestr@s do colexio e sobretodo á rapazada que como sempre é a protagonista de todo isto.
Achégamonos en esta entrada pois, a II Edición das LECTURAS NA CARBALLEIRA que, este curso está enmarcada no proxecto EMOCIÓN-ARTE dende a biblioteca e que neste 3º trimestre se centrou no ámbito da dramatización: DRAMATIZ-ARTE.
Para isto, cada aula participou preparando diversos produtos como puideron ser: pequenas obras de teatro, retazos, poemas, dramatización de emocións, poemas de Manuel María transformados en reivindicación a través dun orixinal rap, etc.
Aquí tedes algunhas imaxes:
Todo o mundo preparado para empezar!!!! 
 
 
 
 
 
Aquí vos deixamos algunhas imaxes do posto tan bonito que fixemos e as entrañables imaxes que gardamos de ese día. Moita xente apadriñou un libro e o levou para a súa casa.
 
 
 
Seguiremos informando en seguintes entradas das actividades da Semana do Libro, que como veredes foron variadas e pensando en tod@s vós e na lectura.

BIBLIOTECA E DINAMIZACIÓN: VISITAMOS O SALÓN DO LIBRO 2016


Chegou o día da "romaría" o luns 4 de abril, e alá fomos todo o cole a visitar o Salón do Libro 2016 coa temática tan chula e que tanto xogo deu: CANTA BICHERÍA!!!
Fixemos uns talleres, que temos que dicir que nos gustaron moito, entre eles contacontos, talleres de manualidades, taller de TICs, pero que se quedaron un pouco curtos en tempo porque, e así llo imos a comunicar á organización do evento, precisabamos un anaquiño máis de tempo para poder rematar o que fixeramos neles e quedousos un saborciño agridoce.... Bueno, seguro que mellorará a cousa...a nós segue a gustarnos o Salón e como non ...
ORBILLLLLLL!!!! 
Chegou ó remate da actividade e deunos mimiños, bueno, mimazos porque é tan grandón e suave como sempre....!!!
 
Que contentos de voltar a velo estabamos e tamén os outros colexios que estaban na visita. Pena que foi pouquiño tempo para poder atender a tod@s.
Bueno, o percorrido polo Salón do que aquí vos mostramos algunhas imaxes, estaba centrado no libro titulado:
" A viaxe de Estravaganza Pérez" que chegou á escola nestes días.
 
Tivemos un contacontos, interpretado por " Migallas" que como sempre non defrauda, un taller de Tics e de manualidades:
 
 
  
E, por último visitamos o apartado do Salón onde están expostos os traballos feitos polos centros, entre eles o noso, e puidemos ver as creacións FANTÁSTICAS de compañeir@s das outras escolas participantes.
Animámosvos a ir ó Salón cos familiares e amigos e pasar uns intres amenos.
  

BIBLIOTECA E DINAMIZACIÓN: TRABALLAMOS EN EQUIPO PARA O SALÓN DO LIBRO

Outro ano máis... que rapidiño pasou!!! Chegou a convocatoria para a participación no Salón do Libro, este ano co título:

CANTA BICHERÍA....!

En torno a esta temática, levamos facendo na escola varias actuacións, por exemplo, foi o tema dos disfraces no Entroido como xa sabedes, e varias aulas levaban investigando nesta temática, en torno ó animal ou bichiño sobre o que logo levaron a cabo un traballo para presentar neste certame xa asentado na escola. Este curso, participaron todas as aulas do centro: grazas titorías, especialistas e alumnado!!! Saeu un traballo ben bonito.

Para entrar en materia, tamén fomos ó centro cultural Sobrino Buhigas para facer unha sesión de cine e ver a película " Bichos" de Píxar, como non, mellor non podería ser....

Tras estas, algunhas aulas, coas propostas feitas dende a biblioteca fixeron unhas liñas argumentais moi chulas, como as que aquí vos acompañamos:

 

 

 

 

 

Tamén estamos enchendo a biblioteca de "Bichiños" e libros que se adquiriron para a ocasión, e que os nen@s do cole, "devoran" literalmente. Non damos abasto cos empréstitos e iso encántanos!!!

Pero imos agora co traballo presentado no Salón do Libro e que fixemos entre todos e todas no centro, profesorado e alumnado. No proceso colaboramos de xeito conxunto todos e todas e quedou ben bonito, como veredes a continuación.

Comezou Educación Infantil (ver entradas feitas nas aulas de EI1 E EI2)pintando a base, da árbore deseñada e sucesivamente fómoslle dando cor e forma.Cada pouco fomos facendo modificacións e divertímonos moito facéndoo a verdade!!!.

 

 

  E tamén as aulas foron deseñando os seus libriños para ir colocándoos ó final nas pólas da árbore, como veredes ó final.

Así ocorreusenos facer un obradoiriño de deseño de bichería e aquí tedes algunhas fotiños:

 

E, colocámolos na árbore para adornar as pólas así como os libros feitos polas aulas:

 

O resultado como vedes quedou moi salado....aí van algunhas fotiños do produto final:

 

Agora imos ver que fixeron outros coles, cando vaiamos ó Salón do Libro o día 4 de abril.

Alá van as nosas bolboretas, xoaniñas, vermes, o caracol Martiño, abellas, cabaliños do demo, ataloguiñooooooo!!!! 

BIBLIOTECA E DINAMIZACIÓN: DÍA 8 DE MARZO, AS MULLERES DA MIÑA VIDA

O pasado 8 de marzo, coincidindo coa conmemoración recollida no calendario escolar adicado ó día da Muller Traballadora, de novo, a BIBLIOTECA e DINAMIZACIÓN da Lingua Galega organizamos unha actividade na que participou toda a escola, e que levaba por título:

" AS MULLERES DA MIÑA VIDA"

Seguindo na liña iniciada de tentar trasladar ó entorno próximo as cuestións relativas á escola, en esta ocasión contamos coa colaboración do Concello, concretamente coa área de Cultura onde María José, como responsable de este ámbito colaborou con nós nas propostas da actividade que foi aberta a toda a comunidade educativa, e, realizada no auditorio "Sobrino Buhigas".

A actividade consistíu en dúas partes:

Na primeira, o alumnado de 5º e 6º fixo unha presentación relativa á historia do día 8 de marzo coa intención de facer reflexionar sobre a situación da muller ó longo da historia no ámbito da igualdade no plano laboral para, posteriormente nunha segunda parte facer un percorrido por mulleres relevantes a nivel mundial, estatal e galegas.

Por último, convidamos a varias mulleres de Campo Lameiro, con diversas profesións á unha rolda de preguntas/debate, que preparou o alumnado xuntos cos seus respetivos titores e titoras para saber un pouco máis sobre a profesión, experiencias e curiosidades en torno a estas mulleres tan próximas e que fan historia día a día na vida dos seus achegados.

Estas mulleres foron:

- "Chiña" antiga mestra da escola que nos ofreceu unha interesante visión do ámbito educativo con un ánimo francamente motivador e de respeto hacia a figura da muller e das mestras.

- A avoa de Carolina, que se adica á arte e á escultura, e que nos espuxo os seus inicios neste ámbito. Foi moi interesante, ademais de achegarnos a tempos pasados que, vemos moi lonxe pero que están perto aínda.

- Carmen, colaboradora como sempre, nai de Sofía, nos contou as súas experiencias nos invernadoiros que ten onde pranta todo tipo de plantas, legumes, árbores frutais etc.

- María José, que nos contou o seu traballo no Concello, ademais de todo o que fai na súa vida diaria a maiores, e como dinamiza a vida de Campo Lameiro no ámbito da cultura.

-Blanca, a farmacéutica do pobo, achegounos información sobre os estudos que realizou para chegar ó seu posto de traballo, as asignaturas que lle gustaban máis  e recomendacións varias que nos encantaron.

-  Dona Nucha, que nos falou da súa paixón pola costura que segue practicando inda na actualidade e algo moi interesante ó que se adicou durante 27 anos, ser TELEFONISTA!!!

- Marga, a nosa querida carteira que accedeu a contarnos como é o seu traballo dende dentro, e o moito que disfruta del.

Foi unha experiencia fantástica, pero imos achegarvos fotos do evento que quedou moi, pero que moi interesante.

Aquí tedes ás protagonistas, co regaliño que lles fixemos por vir: un libro de Pedro Antonio Cerviño, e unha rosa branca...porque.... nos gustou para elas!!! jejjeje...

Susana presenta a actividade a grandes e pequen@s facendo fincapé na importancia de escoitar atentísim@s as experiencias destas persoas que nos acompañan hoxe, xa que fan historia día a día....

 

 

 

A rapazada expoñendo a historia do día da Muller Traballadora nun power point ilustrativo, con figuras relevantes ata centrarnos nas " reinas do acto", as mulleres de Campo Lameiro.

 

O alumnado facendo preguntas por turnos, e, o grupo de 6º curso, tomando notas para o noso periódico escolar " O Cervo Dixital".

Por último, mostrámosvos os gañadores do concurso de debuxo organizado nesta ocasión onde 4 alumnos e alumnas gañaron os premios, porque, para todos non podía haber, xa que non daba o presuposto, pero dende aquí felicitamos e agradecemos a todos os nenos e nenas da escola a participación no certame " Debuxa as mulleres da túa vida". Mil grazas ás familias tamén porque sabemos que lles botades unha man e que participades con todas as propostas que vos facemos..

 

Debuxo de Brais de Educación Infantil 1 de 3 anos, premio recollido pola súa mamá.

Debuxo de Sara de 2º curso, onde nos explica quén son as mulleres máis importantes na súa vida, entre elas, a súa PEDIATRA, como toque anecdótico...jjjjj...a saúde é moi importante non?

 

Debuxo de David, de 3º curso, onde nos debuxou con moita agarimo a tres " mulleronas" da súa vida polos seus valores e mimos...a nai, a avoa e a bisavoa...a coidalas!!!

 

Maravillosa adicatoria de Sergio de 5º a súa avoa de quen nos dí que non ten un minuto para ela, xa que llo adica todo ós demais....moi bonita definición de unha muller importante na súa vida...bravo!!!

Aquí vai unha mostra da entrega dos premios ós gañadores:

Para pechar esta entrada deixámosvos algunhas imaxes máis seleccionadas sobre debuxos presentados polo alumnado ó certame, e desexándovos un feliz día da Muller a todas:

 

DINAMIZACIÓN E BIBLIOTECA: CANTA BICHERÍA EN CAMPO LAMEIRO

Ola a tod@s:

Aquí estamos de novo, para achegarvos algunhas fotos sobre o Entroido que fixemos na escola, e enlazalo co Salón do Libro de Pontevedra no que participaremos tamén este curso, co título " Canta bichería"!

Pois ben, a temática do Salón xa nos deu a idea de disfraz de este curso, e, percorrendo as rúas e camiños de Campo Lameiro, saímos as bolboretas, as arañas, as formigas, as abellas, os abellóns, as carrouchas...e toda clase de bichería, nun desfile o pasado 5 de febreiro.

Aí vai unha pequena mostra:

E agora, enlazando con este tema, imos a continuar de cara o producto que elaboraremos para o Salón do Libro de Pontevedra.

Para isto, ocurríusenos unha idea: Ver a película

" Bichos" no Sobrino Buígas, para o cal contamos coa colaboración do Concello, e alá imos.

Dora, mandounos unha carta para anunciarnolo, con unhas pequenas propostas de actividades, porque ela "non para, non para," tennos a cien traballando,!!! e ó equipo de biblio e de dinamización da lingua galega tamén....!!!!!

Faremos unha exposición sobre a película co que nos aportedes que vai quedar ben bonita!!!.

E, aquí vos deixamos os materiais tamén por se nas casas tamén o queredes traballar..

Biquiños Bicheríaaaaa!!!!

P...de PAZ na BIBLIOTECA DA ESCOLA

Voltamos de novo e agora para conmemorar na biblioteca os actos da actividade complementaria do DIA DA PAZ, organizado con Dinamización da Lingua Galega:

Nesta ocasión, e tendo en conta o noso proxecto da biblioteca, POEM-ARTE para este 2º trimestre, convertemos a PAZ, nun poema. 

Aquí tedes retazos de unha maña moi agradable na biblioteca, onde....

- Os nosos contadores e contadoras de historias nos achegaron poemas de diversos autores, e tamén, poemas feitos cancións, dos que vimos os vídeos, como por exemplo os seguintes:

Hugo de 1º e Carla de 2º léronnos e recitáronnos os poemas:

- " Amistades matemáticas" e " Somos iguales" que abordan a amistade e o cariño que todos e todas precisamos así como a diversidade.

Sofía e Carolina, fixeron un poema adaptado, a partir do poemario de Raul Vacas, titulado " Paz". Gustóunos moito esa vena creativa!!!

E Alvaro e Aitana léronnos o poema de Nicolás Guillén " A muralla", vendo posteriormente o vídeo da canción. Foi unha maña, para recitar e tamén cantar e bailar....

E, xuntando as mans aí estamos todos e todas ó son da música...compartindo un momento ben bonito...

Hugo, aportounos o seu gran de area...A lectura do poema de Neruda " AMIGA PUEDE CONTAR CONMIGO"

E, dende o 4º curso, Cris e Jessi, léronnos e cantáronnos " Amiguiños todos" do noso entrañable Neira Vilas. 

E, Silvia de 6º preparou a lectura do tema de Chambao

" Papeles mojaos", que como sabedes fala de emigración/inmigración, algo relevante nesta data tamén...e sempre...

As compañeiras Lorena e Aroa, aportaron a lectura de Antonio Flores, maravilloso " No dudaría"...do que tamén disfrutamos un video

A profe Bernarda de Relixión, preparou estes días temas co alumnado de candente interés pola súa relevancia en materia de cultura de paz, e, varios alumnos de 5º léronnos sucesos como: A ameaza yihadista, a bomba de hidróxeno de Corea ou a situación de Palestina.E

E, pola súa parte os nenos e nenas de infantil, explicáronnos a situación dos nenos e nenas que están en campos de refuxiados....calounos fondo, si...

Para finalizar a actividade, despois de falar, recitar, cantar, escoitar e sobre todo, moi importante, reflexionar sobre a paz, pasamos a facer o INTERCAMBIO DE POEMAS, que Dora nos pedira na súa carta. Xa sabemos que Dora é pidichona, pidichas, pidicheira...

Con todos os poemas que confeccionaron as aulas, organizamos un TENDAL DE POEMAS. Cadaquén levaba os seus versos que podía intercambiar por outro que estivera no tendedeiro...un éxito....

Mirade que imaxes compartindo algo tan sinxelo e lindo...un poema...!

As caras dos pequenos e pequenas, e os deseños.. o mellor da xornada neste día da PAZ...

A PAZ....unha palabra simple, na que deberiamos todos e todas afondar e profundizar....e poñer no noso tendal de emocións persoal...

ATA OUTRA PEQUES!!!! GRAZAS!!!

F....de FANTÁSTICO....X de XENIAL...RAÚL VACAS NA NOSA BIBLIOTECA ESCOLAR

 F...de FANTÁSTICO...X....de XENIAL, así foi Raúl Vacas na nosa biblioteca de DORA LECTORA.

Ímos contarvos un pouquiño:

Esta persoa que vos presentamos aquí é....RAÚL VACAS..

 

Podería ser un contacontos, un vendedor de productos que aquí tedes...pero NON, NON NON....trátase do autor do poemario " ABECÉ DIARIO" que, como sabedes estamos a traballar na HORA DE LER, neste 2º trimestre no plan anual de lectura.

O proxecto da biblioteca de escola, EMOCION-ARTE na biblioteca achéganos neste 2º trimestre ó POEMA-ARTE, e dende logo o inicio non puido ser millor, verdade?

Raúl acodeu a visitarnos o pasado 12 de xaneiro á biblioteca, e pasamos unha maña do máis agradable na súa compaña coñecendo un pouquiño mais en torno á súa obra. QUE ORIXINAL, recomendable totalmente!!!

 

Cando chegou, recibímolo coas paredes da biblio cheíñas dos seus poemas, que xa nalgunhas aulas estiveran a descubrir. A rapazada de 3º curso fíxolle un divertido poema e presentación...

Son divertidísimos por certo....non vos perdades o seu libro....

E, logo pasamos  a escoitar á nosa estrela, que nos deleitou con recursos para traballar e coñecer a lingua, con poemas sonoros e frescos, e ata con raps, que...vaia como rapeamos todos e todas!!!

 

 

 

Mirade, mirade que cariñas de alelados e aleladas tiñamos escoitándoo e disfrutando dos seus xogos de palabras, números, rimas...unha maravilla...

CCon unha orixinal cámara, Raúl sacaba poemas, que non imaxes, para traballar a nosa imaxinación, e vaia se o conseguíu...

Mil e un recursos para disfrutar, aprender e poñer en práctica, en fin....un día para recordar na nosa biblio...

E, por último, ata dedicatorias temos nos libros que amablemente nos firmou...non o deixamos respirar...

 Mil grazas Raúl!!! Volta axiña!!!

 

VERBAS, LECTURAS E BOS DESEXOS: NADAL NA BIBLIOTECA

E, inda que faltaba moito, pois non, aquí está de novo o Nadal, unha data que no noso proxecto da biblioteca está moi presente. Traballamos a EMOCIÓN-ARTE a través de bos desexos convertidos en verbas. Verbas que os nenos e nenas se dedicaron, verbas coas que enchemos a escola e a biblioteca....con verbas chegamos ás emocións.

As lecturas das nosas contadoras de  historias de este mes: Sofía e Uxía. Adicaron a todas as aulas unhas lecturas relacionadas coas tradicións do Nadal, como por exemplo o porque de poñer árbores adornadas ou sobre algunas figuras coñecidas de estas datas. Como sempre, grazas por adicarnos este tempo, preparando con agarimo para todos e todas estes retazos .

 

 

A nosa "parede vermella" encheuse de desexos dos nenos e nenas que, en colaboración coas familias, deseñaron e escribiron postais tan bonitas como as que vos mostramos. Grazas!!!

E, nas aulas creáronse lindísimas verbas onde nenos e nenas, combinando palabras do Nada, elaboraron outras de colleita propia con significados ben bonitos. As paredes cheíñas de elas. Mirade que lindo!.

Os bonecos de Nadal, os Reises e ata a Ratiña Presumida queren que lles traian libros este Nadal...Papás e mamás, avós, avóas, madriñas e padriños, tíos e tías...regalar libros é regalar sorrisos, llantos, ilusións, inquedanzas, soños e un longo discorrer de emocións que poden ser atopadas no seu interior....

Só nos queda desexarvos a todos e todas nas vosas casas....que haxa sempre boas lecturas, bos libros e....Bo Nadal....

OS NOSOS XORNALISTAS VISITAN O DIARIO DE PONTEVEDRA E A REDACCIÓN DE PONTEVEDRA VIVA

Continuamos, continuamos....

Nesta ocasión, dándolle camiño a este novo proxecto no que estamos inmersos que é a edición de un XORNAL dixital. Para ter información de primeira man fixemos unha saída para coñecer máis "in situ" como funcionan a prensa" por dentro".

E, chegando á vila, alá imos á redacción do Diario de Pontevedra, na rúa Lepanto, onde moi amablemente nos explicaron aspectos como:

-Antiguidade do Diario de Pontevedra.

- Formato empregado.

- Lugar onde se imprime.

- Nº de lectores aproximado que ten.

- Seccións e organización dos artigos.

( Se queredes saber, pois pasádevos polas aulas de 5º e 6º curso que deben ter todo ben anotadiño...).

Alí  estivemos vendo a trasformación que tivo o Diario de Pontevedra ata chegar ós nosos días onde hai maior cor e menos texto cousa que antes non era de ese xeito, así como un menor tamaño das follas, que o fan máis manexable.

Tamen vimos algunhas portadas moi relevantes, das que vos deixamos algunha foto. Estivemos ollando os números encuadernados todos seguidiños e de algunhas noticias, as profes acordábanse...xa choveu....

O sábado día 5 de decembro saíu a nosa visita publicada no apartado de Sociedade nas páxinas finais do xornal por se queredes velas.

Aí van unhas fotiños.....

 

Tras abandonar a sede do Diario de Pontevedra procedemos a visitar as instalacións de un XORNAL DIXITAL que está a ter moi boa acollida na cidade, que se denomina " PONTEVEDRA VIVA".

Amablemente nos contaron como funciona un xornal que non se imprime senon que só se fai de forma electrónica cousa que nos interesou moito. Ademais fixemos unha entradilla e ó pouco xa estaba a nosa nova integrada no xornal dixital, e fíxonos  moita ilusión: FALABA DE NÓS E FIXERÁMOLA NÓS....que chachi!!!!

Tamén en "Pontevedra Viva" teñen pensado facer unha radio, e visitamos o estudo que están a por en marcha...que gozada!!! O mundo da comunicación encántanos!!!.

Seguiremos retransmitindo novas!!!

Ciao!

 

Día da non violencia de xenéro na biblioteca de DORA LECTORA

Este mes de novembro conmemórase o día da non violencia de xénero. Dentro da nosa actividade anual de "Nenos e nenas contadores de historias", preparamos en esta ocasión dous contos moi ilustrativos para abordar a trasversalidade da educación en valores, destacando a prevención da violencia de xénero.

Os contos traballados foron da autora Adela Turín:

- Arturo e Clementina

- Rosa Caramelo.

Os protagonistas neste caso para formarse como contadores de historias foron Javi Riopa, Ainhoa, Ana e Mirás de 6º curso.

Do 1º dos contos elaboramos un ppt que vos acompañamos máis abaixo con unhas actividades, e do 2º levouse a cabo un teatriño de marionetas que lles quedou chulísimo tras moitos ensaios.

A preparación do traballo levouse a cabo durante a hora de ler, de xeito voluntario polos alumnos/as sacrificando tamén algúns recreos e incluso algunha que outra tarde que viñeron ensaiar á escola, co cal , remarcamos o mérito destes contadores de historias, priorizando a lectura e o traballo para ofrecer algo ós demais. Olé, moi ben.

Este tipo de actividades está tendo moita acollida entre os pequenos e pequenas e xa temos moitos voluntarios para ler...fenomenal, encántanos.

Aquí vos deixamos algunhas imaxes da actividade e tamén uns materiais que vos poden ser útiles para abordar esta temática, se non agora, en outras ocasións.

Saúdos

O equipo da biblio

 

Distribuir contido

Acceso rápido

Punto Laranxa contra o acoso escolar

Formación do profesorado

Proxectos T.I.C. do centro

Eleccións ó Consello Escolar

Eleccións ó Consello Escolar
Infomación do proceso

Usuarios conectados

Agora mesmo hai 0 usuarios e 0 invitados conectados.