Iniciar sesión: Accede co teu contrasinal
       

Blog de dinamización da lingua galega

(2014-2015) Actividades realizadas polo E.D.L.G. durante o curso 2014-2015

 

Actividades realizadas polo E.D.L.G. no curso 2014-2015

Durante o curso pasado realizamos no centro diversas actividades dentro do proxecto para o fomento do uso do galego no centro.

As actividades están referidas ás festividades anuais que celebramos durante o periodo lectivo.

.Samaín: decoramos o centro. Os nenos e nenas decoraron cabazas e disfrazáronse para celebrar o día.

Entregamos os diplomas ás cabazas que os nenos e nenas consideran que están mellor decoradas e os mestres e mestras entregamos uns diplomas ás cabazas que nos pareceron máis orixinais por diversos motivos.

 Tamén decoramos a entrada.

 

.Magosto: neste curso o Centro de Interpretación da Arte Rupestre de Campo Lameiro, convidounos a celebrar o magosto. Preparáronnos uns talleres nos cales participamos por cursos, lemos uns poemas, cantamos cancións e ó final comemos as castañas.

 

.Nadal: neste curso como novidade celebramos o festival de Nadal dous días.Un foi para os nenos e nenas do colexio e outro foi para nais e pais, avós e avoas, amigos e amigas e para todos e todas que quixeron vir.

As fotos están na galería fotográfica.

.Día da Paz: recordamos a persoas que loitaron e loitan pola Paz:Malala. Todo o cole cantou unha canción da paz que tocaron os nenos e nenas de 5º e 6º.

.San Valentín:os nenos e nenas mandaron os seus desexos de amizade, amor e paz en follas de árbores de San Valentín.

.Entroido: aproveitando a nosa participación no salón do Libro de Pontevedra que tivo como tema:"Da ciencia á ficción" disfrazámonos acorde con este tema.

Tivemos Meco durante a semana previa para ir acondicionándonos para a festa.

e tamén tivemos degustación de produtos do entroido por parte das familias.

.Os maios e as Letras Galegas: no noso centro celebramos no mesmo día as dúas cousas.

Os nenos e nenas do centro elaboran as coplas dos maios que logo se cantan para todo o centro e tamén elaboran o maio con axuda dos mestres e mestras do centro. As nenas e nenos traen das súas casas o material necesario sen o cal non se podería elaborar o maio. 

Durante esa semana realizáronse diversas actividades nas aulas para conmemorar o día referidas ao autor homenaxeado este curso:Xosé F. Filgueira Valverde

Na aula de usos múltiples fíxose unha pequena celebración onde os nenos e nenas de infantil  e 6º cantaron unha canción; todo o centro cantamos un popurrí de cancións populares e finalmente cantamos o Himno galego que tocaron coa frauta os nenos e  nenas de 5º e 6º.

A mestra de E.F. preparou cos nenos e nenas unha escolma de xogos populares.

E a final de curso entregamos por familia unha revista do Cervo que este ano xa vai o número 19.

Vémonos o curso que vén.

(2014-2015) Información para a elaboración das coplas dos Maios

Estrutura métrica das coplas dos maios:

As coplas dos maios teñen a seguinte estructura métrica: 

8A - 8B - 8A  - 8B 

Ou ben 

8  -  8A - 8  - 8 A 

En calquera caso o importante en que se trate de estrofas de catro versos octosílabos e que se axusten á melodía. 

 

Podes ver as coplas dos maios elaboradas, e cantadas, en cursos anteriores nos xornais "O Cervo" Míraos online desde aquí

Concretamente, podes atoparar as coplas do curso 2013-2014 aquí, ou as do curso 2012-2013 aquí.

 

 

 Exemplo de interpretación das coplas dos maios.

 

 

Para saber máis: 

http://gl.wikipedia.org/wiki/Festa_dos_maios

 

 

Xa dispoñible "on-line" o número 18 da revista escolar "O Cervo"

Un curso máis, gracias á colaboración de tódolos alumnos e alumnas do centro, foi posible elaborar a revista escolar "O Cervo", que foi entregada a cada unha das familias o ultimo día de curso.

Acompañamos a este número 18 da revista, dun DVD coas celebracións que tiveron lugar no noso centro ó longo deste curso, no cal poderedes ver en vídeo o festival de Nadal, o Entroido, a celebración do día da Paz xunto á das Letras Galegas e os maios.  

Se non tiveches a oportunidade de vela, ou queres ler o seu contido en alta calidade e en cores,  podes facelo na nosa hemeroteca online, onde tamén poderás botarlle unha ollada ós anteriores números da mesma.

Agradamos que vos guste!! 

 

 

 

Solucións ás "palabras prehistóricas": 

PALEOLÍTICO  e  TROGLODITAS 

Celebración das Letras Galegas 2014

 

Este ano celebramos o Día das Letras Galegas o día 16 de maio.

Durante esa semana fixéronse moitos traballos relativos ó autor homenaxeado Xosé M. Díaz Castro.

Fixemos o maio todos e todas xuntos.Repartimos o traballo por aulas .

Aquí vedes como se foi facendo.

E aquí vedes o maio rematado.Quedou moi Cerviño .

Logo xuntámonos na aula de usos múltiples onde fixemos varias actuacións.Todos os nenos e nenas participaron; bailando, recitando, cantando, tocando...

 Aquí tendes unhas fotos para que vexades que artistas hai en Campo Lameiro.

 Os nenos e nenas de E.I. bailaron unha canción-xogo titulada:"A carrasquiña".

Guapísimas e guapísimos.

 Os nenos e nenas de2º recitaron unha poesía titulada:"Esmeralda"

Que elegancia!

Os nenos e nenas de 1º ciclo bailaron "O garutiño".

 Saiulles mallado.

 Os nenos e nenas de 2º ciclo cantaron un poema musical titulado: "Capitán"

 Moi fermoso.

 E logo bailaron "Valse para unha morena"

Por parellas que sempre xera controversia porque lle dá vergoña  pero sempre o fan de marabilla.

Todas as aulas do centro crearon un Poema de Poemas moi fermoso que leron un representante de cada aula.

Cantamos os maios coas coplas elaboradas polos nenos e nenas nas súas aulas...

 Todos e todas participaron contestando e tocando os paus chineses para acompañar a percusión.

 

E finalmente o 3º ciclo despideu o acto tocando o Himno Galego.

 E isto foi todo.

 Hasta o ano que vén.

 

 

 

 

 

 

 

 

Día das Letras Galegas 2014

 

Este ano 2014 o Día das Letras Galegas está dedicado a Xosé María Díaz Castro.

Aquí tendes a ligazón do seminario Galán sobre o autor.

 http://seminariogalan.org/inicio/ligazons

Vídeo musical titulado:Con Díaz Castro.

http://youtu.be/jEGuWWLDZ9Q

Está inspirado no poema PENÉLOPE  da obra de Xosé María Díaz Castro " Nimbos".

(2013-2014) ENTROIDO NO COLEXIO

CARNAVAL , CARNAVAL

LALALALALALALALALA.......

Chegou o entroido ao colexio de Campo Lameiro.

O Meco este ano visteuse para a ocasión; de Prehistórico con aires de entroido.....para dar as ordes.

Este ano comezou o 3º ciclo e a orde é:

 

Imos a disfrazarnos de verán.

Viñemos praieiros pero o tempo parece que se resiste a que saia o sol.

Seguiremos intentándoo.

Hoxe, os nenos e nenas de 2º ciclo dannos a orde:

 

mañá temos que vir de pixama, pantufas, osiño para durmir....ZZZZZZZZZZZ!

 

 

E seguimos un día máis coa celebración do entroido que nos fai traballar moito.

Mañá mércores, os nenos e nenas de 1º ciclo mándannos  traer un sombreiro con pompón, un calcetín de cada cor e un nariz de ratiño.

E lembrade que non se vos pode esquecer nadiña.

Así de orixinais.....

Hoxe xa é o último día de ordes, menos mal...!

A de mañá é a máis doada, non hai que pensar nin buscar nada especial.Os nenos e nenas de E.I. do colexio decidiron que cada un e cada unha pode vir ó cole como lle pareza, disfrazado ou disfrazada como queira.

 

Ala, a botarlle imaxinación.

 

Mañá é o grande día: todos viremos de TROGLODITAS

Preparados, listos, XAAAAAAAAA!!!!!!

FESTA!!!!!!!!!!

Podes ver fotografías da nosa festa do entroido na galería fotográfica, ou directamente desde aquí.

Pois o tempo acompañounos e puidemos facer o desfile polo patio. 

Xa vedes que cada un e cada unha ía moi ben maquillada e maquillado.

Con osos, con pintura na cara, cada quen trouxo o apeiro que mellor lle quedaba co disfraz.

Logo de facer o desfile chegou o momento máis esperado: as orellas, as filloas, os biscoitos.......

todo estaba riquísimo.

Por este ano xa foi.

 

 

 

 

(2013-2014) DÍA DE SAN VALENTÍN

 

"Hoxe é o día dos namorados...." di a canción que todos e todas cantan neste día de San Valentín pero tamén é o día da AMIZADE, da PAZ.

No colexio de Campo Lameiro entendemos o Dia de San Valentín deste xeito; é un día para perdoar, para estreitar lazos coas persoas máis queridas, para desexar cousas boas e bonitas e tamén, para  nos gusta a esa persoa que vemos tódolos días e que non nos atrevemos a dicirllo.

Este ano estamos a facer un traballo todo o colexio sobre a Prehistoria e as mensaxes no Día de San Valentín foron escritas nunhas pedras"prehistóricas". Os nenos e nenas do cole axudaron a decorar o recanto onde estaba o buzón e quedou así de bonito.

 

 

 

 

 

(2013-2014) Celebración do Día da Paz no colexio.

 

Onte conmemoramos no colexio o Día da Paz . Fixemos traballos polas aulas que expuxemos para que todos e todas os puidesen ver.

 

Fomos á aoula de usos múltiples do colexio onde os nenos e nenas de 1º fixeron un pequeno teatro titulado: "Os animais tamén falan" a cal fixeron moi ben.

 

 

E visonamos unha montaxe de vídeo con fotos de tódolos nenos, nenas, profesores e profesoras do colexio dándonos apertas mentras escoitabamos a canción titulada "A rumba das apertas" de A nena e o grilo. Podes ver este vídeo aquí.

As fotos de tódalas apertas que nos demos están na galería fotográfica, e xa sabedes, unha aperta sempre ven ben .

(2013-2014) Día da Paz

 

O Día 30 de xaneiro é o Día Internacional da Paz.

Para celebralo no colexio imos a  darnos apertas, igual ca estes nenos e nenas  con esta canción titulada:"A rumba das apertas"que se as dan con moita alegría

E xa sabedes; cando se ten un mal día unha aperta nunca sobra.

 

(2013-2014) Despedimos o 2013 cun gran Festival de Nadal

Como despedida do primeiro trimestre deste curso escolar 2013-2014 preparamos entre todo o alumnado e profesorado un gran Festival de Nadal.

Os maiores do colexio foron dando paso ás distintas actuacións coma se fosen presentadores dun telexornal.

Así houbo conexións en directo co taller de Papá Noel, coa casa real, con grandes grupos musicais, anuncios publicitarios,salón de loterías,debuxos animados...

Aquí vos deixamos unha pequena mostra de diferentes momentos das actuacións ( o cal levaredes no dvd que se envía ao final do curso na revista escolar)

Nenos e nenas de 3 anos:

Nenos e nenas de 4 anos:

Nenos e nenas de 5 anos:

Alumnado de 1º curso

Alumnado de 2º curso

Nenos e nenas de 1º e 2º

Alumnado de 3º

Representando o discurso de Nadal do Rei

Alumnado de 4º

Bailando "O Lobo"

Alumnado de 5º curso co Sorteo de Nadal

E cos debuxos de Bob Esponja

 

O alumnado de 6º con "One Direction"

E coma remate o alumnado do terceiro ciclo...

E para os que vos perdestes o festival e aínda quedades con ganas de ver máis ide a galería fotográfica onde atoparedes algún outro momento.

Ata o próximo Nadal!

Distribuir contido

Acceso rápido

Punto Laranxa contra o acoso escolar

Formación do profesorado

Proxectos T.I.C. do centro

Eleccións ó Consello Escolar

Eleccións ó Consello Escolar
Infomación do proceso

Usuarios conectados

Agora mesmo hai 0 usuarios e 0 invitados conectados.